Os superheroes Marvel chegan a Curtas Festival do Imaxinario co anuncio da primeira exposición da 53 edición: "Infinity Heroes Showroom".
Creada para fans e amantes dos cómics e películas de Marvel, a primeira das exposicións de Curtas presenta unha selección de figuras a tamaño real, réplicas de cascos e outros artefactos, dioramas e estatuas de calidade museística cos máis destacados heroes do universo Marvel.
Thor, Iron Man, Spiderman, Lobezno, Daredevil, ou o Capitán América agardarán aos fans na sala Rivas Briones de Vilagarcía de Arousa.
Será do 3 de outubro ao 16 de novembro.
Curtas Festival do Imaxinario é o festival internacional de cinema fantástico e de terror de Galicia, que se celebra anualmente en Vilagarcía de Arousa.
É o festival de cinema decano de Galicia e a maior celebración do xénero no noroeste peninsular.
O festival destaca pola súa capacidade para xerar experiencias inolvidables con proxeccións de longametraxes e curtametraxes, exposicións, presentacións e actividades paralelas.
Todas estas actividades teñen entrada gratuita o que converte este evento nunha cita imprescindible para os amantes do xénero.