O primeiro festival de artes escénicas para bebés, Núbebes, chega ao seu segundo e último fin de semana despois do éxito de participación e público nos seus primeiros días.
A pesar do clima, os pais non se desanimaron e acudiron ás actividades programadas dende as primeiras horas do sábado.
Danza para bébes, xogos, teatro e un concerto pechan o cartel, dirixido a nenos dende os seis meses e ata unha idade de seis anos.
A programación para os últimos días do Festival Núbebes é a seguinte:
SÁBADO 28
- 11:30, 12:30, 17:30 y 18:30 horas (Casa Azul): Danza para bebés, de Artestudio.
- 18:00 y 19:00 horas (Teatro Principal): Kubik, de Teatro Paraíso.
DOMINGO 29
- 11:30, 12:30, 17:30 y 18:30 horas (Casa Azul): Xogogando entre nós, de Patricia Canabal.
- 12:00 y 13:00 horas (Casa das Campás): Contos con Roque, de Baobab Teatro.
- 19:30 horas (Teatro Principal): As Cantigas da Chupeta, de Gilfiños.