O trompetista Nils Petter Molvær, primeira confirmación do Festival Internacional de Jazz

Pontevedra
12 de xuño 2026
Actualizado: 13:38

O noruegués, considerado un dos precursores do electrojazz, actuará no XXXII Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra que se celebrará nesta ocasión do 3 ao 7 de agosto

Nils Petter Molvær actuará no Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra
Nils Petter Molvær actuará no Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra / Concello de Pontevedra

Unha das citas musicais imprescindibles do verán xa ten data para a súa celebración e até primeiro nome confirmado.

O XXXII Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra celebrarase do luns 3 ao venres 7 de agosto, segundo confirmou o Concello de Pontevedra.

Farao ademais cun gran nome no seu cartel, como o do trompetista Nils Petter Molvær.

O noruegués está considerado un dos precursores do electrojazz, atrevéndose a fusionar jazz coa música electrónica, con traballos de gran éxito comercial como o seu disco 'Khmer' (1998).

O trompetista, de 65 anos, conta ás súas costas cunha longa traxectoria traducida en álbums como Solid Ether (2000), Recoloured (2001), NP3 (2002), Streamer (2004), Remakes (2005), Er (2005), Re-Vision (2008) ou Hamada (2009).

O próximo 10 de xullo ten previsto publicar un novo disco, titulado 'Be Quiet', que presentará na Boa Vila.

O seu concerto no Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra terá lugar o mércores 5 de agosto na Praza da Ferrería.

"Unha cíta imperdíbel non verán pontevedrés", asegura o Concello de Pontevedra.