Unha despedida con 'Amour' no Festival das Cóxegas

Pontevedra
27 de novembro 2016

O Pazo da Cultura acolleu este domingo a última representación do ciclo familiar Festival das Cóxegas, e fíxoo coa premiada obra 'Amour' de Marie de Jongh

Representación da obra 'Amour' no Festival das Cóxegas Diego Torrado

A diversión familiar cos espectáculos escénicos do Festival das Cóxegas despídese ata a súa próxima edición despois de catro xornadas.

O Pazo da Cultura acolleu este domingo a última representación do ciclo, coa premiada Amour, de Marie de Jongh-Tartean Teatro e Teatro Arriaga.

O público asistente puido gozar dunha obra de teatro moi xestual que busca a liberación dos prexuízos sociais convidando a reflexionar sobre a delgada liña que existe entre a desafección e o amor incondicional.

Amour recibiu nos últimos meses premios como o FETEN ao mellor espectáculo, sendo unha montaxe recomendada pola Rede Española de Teatros.