Vaipolorío presenta o conto 'O demo asubiador'

Pontevedra
28 de maio 2014

A presentación será este venres 30 de maio ás 20.30 na Carballeira do río Menexo ao carón da rúa Alcalde Hevia
 

Presentación no Concello de 'O demo asubiador' PontevedraViva

A lenda que un particular, Pedro Aboy, recuperou e trasladou por correo electrónico á Asociación Vaipolorío provocou que o colectivo decidira publicar este conto denominado 'O demo asubiador' coa colaboración do escritor Carlos Solla no que se narra a historia do demo que todos os anos selecciona unha vítima que se pasará 365 días escoitando campás sen saber de onde.

A publicación, editada polo Concello de Pontevedra, conta con ilustracións da Chica Pájaro e contén a partitura da melodía de 'O demo asubiador' de Rosalía Rodríguez.

O venres 30 de maio presentarase este pequeno exemplar que recupera a cultura popular en relación co río Gafos na Carballeira do río Menexo situada nas proximidades da rúa Alcalde Hevia.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora