VÍDEO.- A Banda de Música de Cerdedo insufla ánimo aos seus veciños coa súa música

Cerdedo Cotobade
20 de abril 2020

O Concello agradece este traballo audiovisual que se suma a outras iniciativas que colectivos e particulares do municipio teñen para trasladar o seu positivismo e solidariedade

Vídeo de ánimo da Banda de Música de Cerdedo aos seus conveciños / Banda de Música de Cerdedo

As mensaxes de ánimo en forma de vídeos musicais é a fórmula á que se sumou tamén a Banda de Música de Cerdedo. Desde o Concello agradécese esta achega para insuflar positividade aos veciños de Cerdedo - Cotobade e que se suma a outros traballos, mensaxes, publicacións ou vídeos que realizaron outros particulares e colectivos como Os Trazantes, a Banda de Tenorio, Foula, ou o claustro do CEIP de Tenorio.

Neste caso o traballo audiovisual mestura imaxes das súas actuacións na Praza da Iglesia, o Centro Cultural, ou a última cea celebrada o día da súa patroa Santa Cecilia. Para reforzar a necesidade de protexer e protexerse ante o COVID19 engádese o hagstag #QuedaNaCasa.

O vídeo completo da Banda de Música de Cerdedo pode verse nas súas páxinas oficiais, así como nas redes sociais. Centos de usuarios xa tiveron ocasión de visionarlo e deixar os seus positivos comentarios.