VÍDEO.- Recuperan un muro degradado coa realización dun graffiti colaborativo

Pontevedra
02 de setembro 2020

A iniciativa de Vaipolorío permitiu transformar un muro que estaba cheo de tags nun espazo onde visualmente se resalta a importancia dos elementos naturais na contorna dos Gafos, grazas ao mural elaborado por un grupo de menores que participaron nun obradoiro de Pontevedrán

Mural realizado polos participantes do obradoiro Ponteverán 2020 / Asociación Vaipolorío

Escolares de Pontevedra realizaron durante este verán un obradoiro de grafiti na contorna do río dos Gafos.

Trátase dunha actividade promovida pola asociación ecoloxista  Vaipolorío coa colaboración da oficina de  Xuventude do  Concello de Pontevedra. A través do plan de  Pontevedrán 2020, estes menores coa axuda do monitor O'Ra elaboraban un mural nunha muro que se atopaba totalmente degradado, que contiña tags antiestéticos.

Agora, este mural ofrece unha imaxe na que se potencian os valores ambientais e a importancia da natureza.