O virus gripal obriga a aprazar os Cantares de Reis en Cerdedo-Cotobade

Cerdedo Cotobade
02 de xaneiro 2026
Actualizado: 13:52

A celebración que estaba prevista para este domingo 4 trasládase ao sábado 10 de xaneiro ás 19.00 horas con chocolatada e rosca para todos os asistentes

Os Trazantes de Tenorio nos Cantares de Reis
Os Trazantes de Tenorio nos Cantares de Reis / Os Trazantes de Tenorio - Arquivo

O Concello de Cerdedo-Cotobade anunciou este venres 2 nas súas redes sociais o adiamento dos Cantares de Reis 2026, inicialmente previstos para este domingo 4 no Centro Cultural Antonio Fraguas, en Carballedo.

A proliferación do virus da gripe e as baixas entre os grupos participantes motivaron este cambio, que traslada a celebración para o sábado 10 de xaneiro ás 19:00 horas no mesmo Centro Cultural.

A organización mantén o programa previsto: ademais dos cantares tradicionais, haberá chocolatada e rosca para todas as persoas asistentes, continuando así co espírito festivo propio desta xornada.

Desde a organización sinalan que a decisión adóptase por responsabilidade sanitaria e para asegurar a participación dos grupos locais.

Dende o Concello salientan que a intención é garantir o benestar dos participantes e do público.

Animan á veciñanza a manter a ilusión ata a nova data, na que esperan recuperar a celebración con enerxías renovadas.

Arquivado en