O Concello de Cerdedo-Cotobade presentou a 4ª edición do Concurso de Decoración, unha cita que busca encher o municipio de espírito festivo, apoiar o comercio local e fomentar un Nadal sostible a través do uso de materiais reciclados.
O certame convida á veciñanza e aos colectivos do municipio a decorar vivendas, fachadas, escaparates e espazos públicos, facendo brillar cada recuncho con creatividade e ilusión.
Hai dúas categorías: Familiar ou Individual, para persoas adultas residentes no municipio, e Colectiva, para comercios, locais de hostalería, asociacións ou comunidades de montes.
As inscricións están abertas ata o 10 de decembro, podendo facerse de forma presencial nas oficinas municipais (9:00 a 14:00 h) ou por correo electrónico en [email protected].
As decoracións deberán permanecer visibles ata o 7 de xaneiro de 2026.
O xurado valorará a orixinalidade, o deseño, o uso de materiais reciclables e o espírito navideño.
As propostas gañadoras recibirán premios de ata 300 euros e diplomas acreditativos.
A entrega de premios celebrarase o 27 de decembro no Pavillón de Deportes de Carballedo.
Segundo o alcalde, Jorge Cubela, este concurso é moito máis ca unha actividade festiva "é unha forma de unir á nosa xente, compartir ilusión e facer de Cerdedo-Cotobade un lugar cheo de convivencia e orgullo colectivo neste Nadal", dixo.
