Xa está aquí o Nadal

Tren de Nadal na Praza de España

Pontevedra presume do éxito do seu 'Nadal riquiño': "Foron unhas festas espectaculares"

08/01/2026
Pontevedra

O que o goberno municipal quixo bautizar como 'Nadal riquiño' foi todo un éxito en Pontevedra. Así o defenderon este xoves desde o Concello. "Foron unhas festas espectaculares", subliñou a tenente de alcalde, Eva Vilaverde, que quixo facer balance de máis dun mes de programación festiva. A representante municipal sostivo que este éxito "podíase...

Alejandro Espiño
Decoración en vivenda galardoada no concurso 'Deslumbra co teu Nadal'

Así son as decoracións do Nadal que 'deslumbraron'' a todo Sanxenxo

07/01/2026
Sanxenxo

Ata 4.000 euros repartiu o Concello de Sanxenxo entre os gañadores da terceira edición do concurso Deslumbra co teu Nadal. O seu obxectivo era facer partícipe á veciñanza e ao sector do comercio local da ambientación do municipio e xerar unha contorna embelecida que reforzase a decoración municipal. Todo iso apelando á...

PontevedraViva
Cabalgata dos Reis Magos 2026

O frío non puido coa maxia, así foi a Cabalgata de Reis na Boa Vila

05/01/2026
Pontevedra

A tarde abriuse paso con tregua meteorolóxica e moita ilusión. A choiva, sempre imprevisible, decidiu respectar á comitiva real que, ao redor das seis, comezou a serpentear polas rúas da Boa Vila. Os paraugas, esta vez, non se usaron para resgardarse, senón para atrapar caramelos que chovían desde o alto. Facía...

Cristina Saiz
Oskar Viéitez
Cabalgata 2026 en Caldas de Reis

Os Reis Magos completan un percorrido sen descanso por municipios e parroquias

05/01/2026
Pontevedra

A maxia de Oriente xa se apoderou da provincia. Melchor, Gaspar e Baltasar iniciaron nas últimas horas un intenso percorrido cheo de sorrisos, caramelos e ilusión, facendo as delicias dos máis pequenos… e tamén dos maiores. A primeira parada foi en Ponte Caldelas, onde os Reis Magos percorreron desde ben cedo todas...

Oskar Viéitez
Visita dos Reis Magos a PontevedraViva 2026

Alegría e maxia real desde PontevedraViva para os máis pequenos

05/01/2026
Pontevedra

Este luns, os Reis Meigos e a súa comitiva fixeron unha parada especial nas oficinas de PontevedraViva na rúa Michelena, xusto ás 14:00 horas. Melchor, Gaspar e Baltasar presentáronse co seu mellor sorriso e toneladas de ilusión, dispostos a atender as peticións dos nenos presentes e reavivar a fantasía entre teclados...

PontevedraViva
Cristina Saiz
Recepción aos Reis Magos

Pontevedra réndese ante os Reis Magos… e ao colorido dos seus novos traxes

05/01/2026
Pontevedra

Os Reis Magos chegaron este luns ao concello de Pontevedra subidos a modernos vehículos eléctricos, elegantemente decorados con enormes coroas reais, demostrando que a maxia tamén pode ser sostible. Nin sequera faltaron os camelos, que desafiaron o frío nunha mañá na que a ilusión se protexía con gorro, luvas e bufanda. A...

Oskar Viéitez
Cristina Saiz
Preparativos na Casa Consistorial para recibir os Reis Magos

Os detalles da visita dos Reis Magos a Pontevedra, con recepción no Concello e cabalgata

04/01/2026
Pontevedra

Pontevedra ultima os detalles para recibir este luns 5 de xaneiro a visita dos Reis Magos. Será unha xornada tremendamente especial e con cambios con respecto a anos anteriores. O principal é a localización para a recepción oficial que ofrecerá o Concello de Pontevedra ás 11.00 horas a Melchor, Gaspar e Baltasar,...

PontevedraViva
Os Reis Magos chegan á Lama en sidecar

Melchor, Gaspar e Baltasar aterran con estilo na Lama

03/01/2026
A Lama

Un éxito de participación. Así cualifica o Concello da Lama a recepción municipal este sábado aos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar aterraron na Lama con estilo, a bordo de dous sidecars e un coche convertible escoltados polos moteiros do Club Os Lóstregos, e acompañados por unha batucada. Os Reis Magos chegando á Lama en...

PontevedraViva
Cabalgata de Reis Magos en Vilagarcía

Un séquito de 600 persoas acompañará os Reis Magos en Vilagarcía

03/01/2026
O Salnés

Todo está listo xa en Vilagarcía de Arousa para a visita dos Reis Magos. As súas Maxestades de Oriente teñen previsto percorrer as rúas de Vilagarcía o vindeiro luns 5 de xaneiro cunha cabalgata que partirá ás 19.00 horas da praza da II República e finalizará en Ravella co tradicional discurso...

PontevedraViva
Os Reis Magos en Sanxenxo (arquivo)

Melchor, Gaspar e Baltasar desembarcarán en Sanxenxo para levar a maxia até Portonovo

02/01/2026
Sanxenxo

A ilusión reinará este luns, 5 de xaneiro, en Sanxenxo, onde as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente chegarán por mar ao porto do municipio antes de emprender a súa tradicional cabalgata polas rúas e dirixirse até Portonovo. A programación comezará coa tradicional Danza de Reis na Carpa de Nadal,...

PontevedraViva
Cabalgata dos Reis Magos en Soutomaior

A maxia alagará Soutomaior coa chegada dos Reis Magos

02/01/2026
Soutomaior

O Concello de Soutomaior ten todo listo para celebrar o día máis máxico do ano. A xornada comezará o luns, 5 de xaneiro, ás 10:30 horas na Casa da Cultura Rexina Míguez Noval cos Contos Reais. A continuación, entre as 11:00 e as 11:30 horas, terá lugar a recepción oficial...

PontevedraViva
Os Trazantes de Tenorio nos Cantares de Reis

O virus gripal obriga a aprazar os Cantares de Reis en Cerdedo-Cotobade

02/01/2026
Cerdedo Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade anunciou este venres 2 nas súas redes sociais o adiamento dos Cantares de Reis 2026, inicialmente previstos para este domingo 4 no Centro Cultural Antonio Fraguas, en Carballedo. A proliferación do virus da gripe e as baixas entre os grupos participantes motivaron este cambio, que traslada a...

Anxo Lourido
Os Reis Magos no Hospital Provincial

Melchor, Gaspar e Baltasar levarán agasallos a pacientes infantís no Hospital Provincial

02/01/2026
Pontevedra

O vindeiro luns 5 de xaneiro, vespera da celebración de Reis, a ilusión visitará o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra da man das Súas Maxestades de Oriente. Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados polo seu séquito de paxes reais. Os Reis Magos repartirán agasallos e momentos de emoción entre os pacientes infantís...

PontevedraViva
Concerto de Aninovo 2026

Cheo no Pazo da Cultura para dar a benvida a 2026 coa Orquestra Sinfónica de Pontevedra

02/01/2026
Pontevedra

A Orquestra Sinfónica de Pontevedra ofreceu o tradicional Concerto de Aninovo este 1 de xaneiro de 2026 no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. A agrupación, baixo a dirección do mestre David Fiuza Souto, un dos talentos máis destacados da nova xeración galega de batutas, ofreceu un concerto vibrante. O público encheu...

Anxo Lourido
Beatriz Ciscar
Os tres xogadores do Pontevedra degustando as uvas de fin de ano

Uvas con bo humor no Pontevedra CF para celebrar a chegada do 2026

01/01/2026
Pontevedra

O Pontevedra Club de Fútbol comezou o 2026 con bo ritmo de inxesta de uvas e moito humor. Ás doce en punto da noite, a entidade publicaba nas súas redes sociais un orixinal vídeo protagonizado por tres xogadores do plantel. O defensa Miki Bosch, o centrocampista Alain Ribeiro e o extremo Miguel...

Anxo Lourido
Reis Magos elaborados con papel na Lama

Papel de xornal para recrear os Reis Magos no Multiusos da Lama

01/01/2026
A Lama

A creatividade chegou á Lama estes días cun obradoiro de papiroflexia organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). Nenos e nenas, acompañados polas súas familias, aprenderon no Multiusos a dobrar e recortar papel de xornal para dar vida a simpáticos Reis Magos cos que decorar os fogares mentres agardan pola visita das...

Anxo Lourido
Fin de ano 2025 anticipada en Vilagarcía

Miles de persoas celebran as vodas de prata da fin de ano adiantada de Vilagarcía

31/12/2025
O Salnés

A Praza de Ravella celebrou este mércores 31 de decembro as vodas de prata dunha das tradicións máis arraigadas nestas datas en Galicia, a despedida do ano con 12 horas de adianto de Vilagarcía de Arousa. Para a ocasión, a praza abarrotouse, con miles de persoas que non quixeron perderse unha...

Natalia Puga
Despedida infantil de 2025 en Marín

A rapazada de Marín celebra a chegada do 2026 na Alameda

31/12/2025
Marín

A mañá deste mércores na Alameda de Marín estivo marcada pola ledicia na festa infantil de Fin de Ano, que comezou ás 11:45 co simbólico ritual das uvas para despedir o 2025. A alcaldesa, María Ramallo, achegouse ata a celebración, que reuniu a numerosos nenos e nenas acompañados polas súas familias. Durante...

Anxo Lourido
Celebración de fin de ano por adiantado en Sanxenxo

Unha pira de calendarios dá a benvida ao novo ano en Sanxenxo

31/12/2025
Sanxenxo

Centos de persoas xuntáronse ao mediodía deste 31 de decembro na praza Pascual Veiga de Sanxenxo, fronte á Casa Consistorial, para despedir o ano 2025 con 12 horas de adianto e co ritual de queimar os seus calendarios xa pasados. A cita empeza a ser tradición na localidade para recibir o...

PontevedraViva
Baile para Maiores en Soutomaior

Alegría e ritmo no Nadal dos maiores de Soutomaior para preparar Fin de Ano

29/12/2025
Soutomaior

A Casa do Pobo do Val-Sobral acolleu na noite deste domingo o tradicional Baile de Nadal para os maiores do municipio. Máis de cen persoas maiores de 55 anos participaron nesta celebración. O Concello de Soutomaior organizou este evento para celebrar as festas. O Dúo Visión foi o encargado de poñer a banda...

Anxo Lourido
Cabalgata de Reis Magos en Caldas | ARQUIVO

Buscan paxes reais para acompañar a Melchor, Gaspar e Baltasar en Caldas

28/12/2025
Umia

Melchor, Gaspar e Baltasar buscan paxes reais para que os acompañen durante o seu percorrido por Caldas de Reis o vindeiro 5 de xaneiro.  A través do Concello, fan un chamamento a nenas e nenos para que participen nos obradoiros organizados para preparar o evento. O tenente de alcalde, Manuel Fariña, subliña que...

PontevedraViva
Fin de ano adiantado en Sanxenxo | ARCHIVO

A fin de ano volve celebrarse con 12 horas de adianto en Sanxenxo, na praza Pascual Veiga

28/12/2025
Sanxenxo

A praza Pascual Veiga de Sanxenxo, fronte á Casa Consistorial, volverá ser escenario dunha cita que empeza a ser tradición na localidade, a fin de ano adiantada. Organizada pola asociación O Cubreiro e polo Concello, a cita suporá tomar as uvas (ou o que as persoas asistentes decidan) ás 12 do mediodía, isto...

PontevedraViva
Un momento da representación de 'O Arcón de Noa'

'O arcón de Noa', música e danza para gozar en familia en Campo Lameiro este Nadal

25/12/2025
O Campo Lameiro

Os últimos días do ano chegarán cheos de música e danza a Campo Lameiro da man da Deputación de Pontevedra e de Amarelo Cía.  Este sábado, 27 de decembro, ás 19.00 horas, representarase o espectáculo 'O arcón de Noa' no centro sociocultural Sobrino Buhigas. Trátsae dun espectáculo de música e danza para...

PontevedraViva
Ruta de Papá Noel polas Aldeas de Nadal e as parroquias de Poio

Intensa axenda de Papá Noel percorrendo todos os recunchos de Poio

25/12/2025
Poio

A xornada de Noiteboa tivo en Poio como protagonista indiscutible a Papá Noel, que tivo unha intensa axenda que lle levou a todos os recunchos do municipio. Percorreu todas as parroquias e as Aldeas de Nadal nun percorrido que durou toda a xornada. Comezou no Casal de Ferreirós e tivo axenda de...

PontevedraViva
Papá Noel visita o mercado de abastos de Pontevedra

Papá Noel fará parada no mercado para recibir as cartas dos máis pequenos

23/12/2025
Pontevedra

O Centro Comercial Urbano (CCU) Zona Monumental prepara para o vindeiro mércores 24 de decembro unha cita moi especial pensada para gozar en familia: a "Recepción de Papá Noel e obradoiros infantís". Papá Noel chega con maxia ao corazón de Pontevedra entre as 12.00 e as 14.00 horas no primeiro andar do...

Oskar Viéitez
Decoración de Nadal en Caldas

Caldas impulsa a creatividade do comercio local coa decoración de Nadal

22/12/2025
Umia

O Concello de Caldas de Reis quere que o Nadal se viva tamén a través dos escaparates. Co obxectivo de estimular a creatividade do comercio local e encher a vila dun ambiente festivo, a concellería de Comercio asumiu este ano a organización directa do tradicional concurso de beléns e decoración de...

Oskar Viéitez
Os bombeiros entregaron agasallos aos nenos do Hospital

Bombeiros e músicos converten o hospital nun espazo de ilusión

22/12/2025
Pontevedra

O espírito do Nadal fixo hoxe unha parada moi especial no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. Dende primeira hora da mañá, a ilusión entrou polas fiestras da área de hospitalización pediátrica da man dos membros da Asociación Cultural Deportiva Bombeiros de Pontevedra, que protagonizaron unha emotiva visita solidaria cargada de sorrisos,...

Oskar Viéitez
Mercadiño artesanal de Nadal en Figueirido

O Nadal de Figueirido volve ser sinónimo de artesanía

22/12/2025
Pontevedra

Ata o próximo 6 de xaneiro, once propostas participan na quinta edición do mercadiño de Nadal de Figueirido con artigos que transmiten talento, creatividade e calidade. Seis casetas de madeira instaladas polo Concello e agrupadas por tipoloxías para facilitar a visita e a elección de produtos ofrecen propostas artesanais e gourmet...

PontevedraViva
Encontro co Apalpador na Casa da Luz

A choiva non impide que o Apalpador se reencontre cos nenos pontevedreses

21/12/2025
Pontevedra

Aínda que o mal tempo alterou os seus plans, o Apalpador regresou a Pontevedra polo Nadal. Moitos foron os nenos e nenas que, a pesar da choiva, non quixeron perderse a cita cun dos personaxes do Nadal máis populares da tradición galega. A xornada comezou cunha festa infantil, coordinada por Migallas Teatro,...

Alejandro Espiño
Cristina Saiz
Inauguración da carpa Poio Máxico

O Nadal chega a Poio coa inauguración da carpa Poio Máxico

20/12/2025
Poio

Éxito e gran participación familiar na inauguración da carpa de Poio Máxico celebrada este venres na Seca. Coincidindo co inicio das vacacións escolares, numerosas familiares gozaron da festa inaugural deste espazo que, xunto coas sete Aldeas de Nadal, é un dos puntos neurálxicos da programación do Concello de Poio para estas...

PontevedraViva
O Grinch, no Concello de Soutomaior

O Grinch, o Apalpador e Papá Noel dan a benvida ao Nadal de Soutomaior

19/12/2025
Soutomaior

Soutomaior xa celebra o Nadal coa visita do Grinch, o Apalpador e Papá Noel, quen son os claros protagonistas dunha completa programación que encherá de actividades, música e tradición as rúas e a carpa de Talo Río. O primeiro en aparecer foi o Grinch, que ao longo da mañá deste venres...

PontevedraViva
Papaloenada moteira en Ponte Caldelas

A Papanoelada Moteira de Ponte Caldelas aprázase pola previsión de choiva

19/12/2025
Ponte Caldelas

Ponte Caldelas decidiu adiar a súa esperada Papanoelada Moteira, que habitualmente reúne a centos de afeccionados ás dúas rodas. O Concello de Ponte Caldelas anunciou o aprazamento do evento, inicialmente previsto para este sábado, 20 de decembro, debido á previsión de fortes precipitacións xeneralizadas. A nova data fixada é o sábado 27...

Anxo Lourido
O apalpador, polas rúas de Pontevedra

Benvida ao Apalpador en Pontevedra

18/12/2025
Pontevedra

O vindeiro sábado 20 de decembro celebrarase en Pontevedra a chegada do Apalpador, unha figura emblemática do Nadal galego. O Apalpador, carboeiro que nestas datas baixa do monte para visitar aos nenos e nenas, apalparlles as barrigas e regalarlles castañas, será recibido este ano coa colaboración das entidades: Boa Vida, inclusión activa...

Oskar Viéitez
Presentación do Mercado de Nadal en Seixo

Seixo acollerá este domingo o seu primeiro mercado de Nadal

18/12/2025
Marín

Seixo mergúllase de cheo no espírito destas festas coa celebración, este domingo 21 de decembro, do seu primeiro mercadiño de Nadal. O evento, que se desenvolverá na praza de abastos en horario continuado de 11:30 a 20:30 horas, promete unha xornada festiva repleta de actividades para todas as idades. A concelleira Cristina...

PontevedraViva
Belén de la Comandancia de la Guardia Civil

Este Nadal, a Comandancia tamén recibe visitas para ver o seu belén

17/12/2025
Poio

A Comandancia da Garda Civil de Pontevedra súmase ao espírito do Nadal cunha invitación moi especial á cidadanía para gozar dunhas xornadas de portas abertas nas que o protagonista será un belén cargado de detalle e tradición. Con motivo destas datas tan sinaladas, a Comandancia permitirá o acceso ás súas instalacións...

Oskar Viéitez
'Papanoelada' moteira de Poio

Motores a todo gas e actos en Combarro para dinamizar o Nadal

17/12/2025
Poio

Este domingo, 21 de decembro, a tradición e a solidariedade uniranse na agardada Papanoelada Moteira de Poio, organizada pola Asociación A Rosa dos Ventos, que prevé reunir a preto de 350 participantes. A Papanoelada Moteira, unha das citas ineludibles do Nadal na vila, dará comezo ás 17.00 horas dende A Reiboa,...

Anxo Lourido
Carroza de Reis do Concello de Ribadumia

Concertos, visitas reais e concursos marcan o Nadal en Ribadumia

17/12/2025
O Salnés

Ribadumia xa ten todo en marcha para vivir un Nadal cheo de música, solidariedade e ilusión. O Concello artellou un completo programa de actividades lúdicas e culturais que se desenvolverá ao longo do mes de decembro e se estenderá ata o 11 de xaneiro, con propostas pensadas para públicos de todas...

Oskar Viéitez
Iluminación e belén artesanal do Nadal 2022 en Moraña

Moraña celebra o Nadal coa forza da súa cultura e do seu talento local

17/12/2025
Umia

Moraña vístese de festa para celebrar un Nadal cheo de música, cultura e ilusión. Un ano máis, o Concello, xunto cos comerciantes, artesáns e artistas locais, prepara unha ampla programación pensada para todos os públicos, que encherá as rúas e espazos culturais de actividade desde mediados de decembro ata o...

Oskar Viéitez
Carroza dos Reis Magos na Lama

Calendario solidario e intenso de actividades na Lama para este Nadal

17/12/2025
A Lama

A partir deste venres 19 de decembro e ata o 5 de xaneiro, A Lama ofrecerá unha programación de diversas actividades para o público familiar. A iniciativa, froito do traballo coordinado das concellerías de Cultura e Deportes, e de Igualdade e Servizos Sociais, abrangue propostas culturais, educativas, familiares e solidarias deseñadas para...

Anxo Lourido
A aldea de Nadal máis pequena do mundo

O Piñeiriño presenta a aldea de Nadal máis pequena do mundo cunha mensaxe de paz

17/12/2025
O Salnés

Mentres en boa parte do país os concellos compiten por ver quen cega antes aos satélites con quilómetros de luces LED, no barrio vilagarcián do Piñeiriño presentan a aldea de Nadal máis pequeno do mundo. A historia comezou en 2023, cando o barrio decidiu plantar a árbore de Nadal máis pequena de España. Foi...

Oskar Viéitez
Terceira edición da Papanoelada Moteira de Caldas de Reis

Caldas "desbordou a asistencia" coa III Papanoelada Moteira e a II Exhibición de 4x4

17/12/2025
Umia

Caldas de Reis celebra o éxito das actividades do mundo de motor celebradas a fin de semana, e que congregaron por centos de persoas. Esas actividades era a terceira edición da Papanoelada Moteira e a segunda exhibición de vehículos 4x4, incluídas ambas as dúas na programación de Nadal. Superaron as dúas as expectativas...

PontevedraViva
Carpa Poio Máxico

Poio Máxico abre as súas portas cun gran espectáculo inaugural

16/12/2025
Poio

O Nadal chega con forza a Poio e faino cunha proposta pensada para desfrutar en familia. Este venres 19 abre as súas portas na Seca a carpa Poio Máxico, un espazo de lecer que se converterá nun dos grandes puntos de encontro destas festas. Ata o 6 de xaneiro, todas as...

Oskar Viéitez
Tren de Nadal na Praza de España

A Boa Vila vístese de Nadal entre luces, compras e plans en familia

14/12/2025
Pontevedra

O Nadal xa se deixa sentir na Boa Vila. Este sábado, o séquito de Papá Noel tomou o centro urbano subido a zancos e patíns, percorrendo rúas e prazas para anunciar que a súa gran chegada está cada vez máis preto. O desfile sorprendeu a veciños e visitantes e serviu como...

Cristina Saiz
Mercadiño de Nadal de Figueirido

O espírito do Nadal regresa a Figueirido co seu Mercadiño e numerosas actividades

13/12/2025
Vilaboa

Figueirido conta os días para inaugurar a quinta edición da súa Mercadiño de Nadal. Organizado entre o Concello de Vilaboa en colaboración coa Asociación de Vecinos de Figueirido, este ano reunirá once propostas artesanais e gastronómicas, distribuídas no seis postos de madeira habilitados polo Concello para dar visibilidade ao traballo de...

PontevedraViva
'Papanoelada' motera solidaria en Marín 2022

Caldas quenta motores para a súa terceira Papanoelada moteira

13/12/2025
Umia

O Nadal arrinca este sábado en Caldas de Reis coa celebración da terceira edición da 'Papanoelada moteira'. Organizada polo Concello en colaboración co colectivo moteiro 'Os Keimaos', a cita deste ano contará cun percorrido circular duns 40 quilómetros que cruzará os municipios de Bemil, Paradela, Catoira, Bamio, Vilagarcía, Godos, Portas, Arcos,...

PontevedraViva
Iluminación de Nadal en Cuntis

Cuntis vivirá un Nadal vibrante con obradoiros divertidos, música e festa

12/12/2025
Umia

O Concello de Cuntis desvela a súa ambiciosa proposta de Nadal, deseñada para encher de ilusión e actividades o municipio cunha programación que oficialmente comeza o venres 19 de decembro e vai desenvolverse ata o 5 de xaneiro. Ademais de consolidar as citas máis arraigadas, como a esperada visita de Papa Noel ou...

PontevedraViva
Iluminación na Aldea de Nadal de Campo Lameiro

Sábado 13, data do acendido de Nadal con chocolatada en Campo Lameiro

12/12/2025
O Campo Lameiro

Campo Lameiro prepárase para dar a benvida á época do Nadal cun acto de acendido oficial do alumeado festivo que terá lugar este sábado, 13 de decembro, ás 19:30 horas na Aldea de Nadal. A veciñanza está convidada a participar neste momento tan especial, que estará acompañado dunha gran chocolatada para...

PontevedraViva
Actividades no Pazo de Nadal

Música urbana e un taller gastronómico deixarán sabor no Pazo de Nadal de Sanxenxo

11/12/2025
Sanxenxo

Un calendario municipal deseñado para atraer a públicos de todas as idades ofrece unha programación para estas datas que inclúe tanto expresións da cultura urbana como un profundo recoñecemento ao legado gastronómico galego. Unha das citas máis destacadas, especialmente dirixida á mocidade e ao público adolescente, é o Encontro de Música...

Anxo Lourido
Os Trasniños do Nadal percorren os centros de ensino de Poio

Os Trasniños do Nadal percorren os centros de ensino de Poio

11/12/2025
Poio

Esta semana, os Trasniños do Nadal do Concello de Poio están a levar a ilusión directamente aos coles do municipio. A súa visita serve para presentar a programación especial destas festas e anunciar o espectáculo que percorrerá todas as Aldeas de Nadal repartidas polo concello. Nelson Quinteiro achegou a súa música...

Oskar Viéitez
Cantos de Reis na praza de San Xosé cos Chichisos

Convidan a participar dos 24 anos de 'Cantos de Reis' na cidade da man dos Chichisos

11/12/2025
Pontevedra

O grupo Os Chichisos conmemora este Nadal de 2025 o seu vixésimo cuarto ano levando os tradicionais 'Cantos de Reis' polas rúas e prazas do concello de Pontevedra. Acompañados por unha formación instrumental variada e un grupo de nenos e nenas, a agrupación busca preservar unha das máis fermosas expresións do patrimonio...

Anxo Lourido
Os Reis Magos en Marín

Este xoves abren o prazo para participar na Cabalgata de Reis de Marín

10/12/2025
Marín

Marín xa prepara a visita das Súas Maxestades de Oriente co anuncio do Concello sobre a apertura do prazo de inscrición para participar na agardada Cabalgata de Reis 2026. A partir deste xoves, 11 de decembro, ás 09:00 horas, todas as persoas interesadas poderán formalizar a súa solicitude para acompañar a Melchor,...

PontevedraViva
Nadal no Pazo da Crega

Máis de 20 propostas no Nadal máis máxico de Barro

09/12/2025
Barro

O Concello de Barro presenta numerosas actividades deseñadas para encher de espírito festivo o municipio durante as vindeiras datas. O Pazo da Crega será, unha vez máis, o corazón destas celebracións, transformándose nun espazo "vivo, próximo e cheo de experiencias compartidas", tal e como destacaron os representantes municipais. A proposta, que se...

Anxo Lourido
Acendido das luces de Nadal de Soutomaior

Benvida con luces, música e espectáculo ao Nadal de Soutomaior

07/12/2025
Soutomaior

Soutomaior xa respira Nadal. As festas estreáronse oficialmente na tarde noite deste sábado cunha festa de acendido de luces con música, espectáculo e chocolate.  A choiva que caeu durante toda a xornada deu un respiro no momento da cerimonia, que, ademais, o Concello optara por celebrar baixo a carpa de Nadal. A...

PontevedraViva
Belén de Paco Leis no Mosteiro de Poio

O belén artesanal de Paco Lens sorprende no Mosteiro de Poio

06/12/2025
Poio

O Mosteiro de Poio acolle dende esta semana unha xoia do Nadal: o belén artesanal de Paco Lens, veciño de Arís. Esta creación, froito dun mes de intenso traballo, destaca polo seu excepcional nivel de detalle e realismo, converténdose nun dos puntos de interese cultural e festivo do Concello nestas datas. A...

Anxo Lourido
Allberto Varela, alcalde de Vilagarcía, con Papá Noel nun acto de Nadal

Cultura e diversión de Nadal para todos os gustos en Vilagarcía

06/12/2025
O Salnés

Vilagarcía de Arousa agarda un Nadal ateigado de actividades para todas as idades. O Concello ofrece unha ampla programación cultural e festiva que se desenvolverá en diversos espazos da cidade. A programación comeza forte os días venres 12 e sábado 13 de decembro na Sala principal do Auditorio con "Amoriños", o espectáculo...

PontevedraViva
Actividades de Nadal en Moraña

Este sábado comeza un Nadal máxico e cheo de actividades en Moraña

06/12/2025
Umia

Moraña xa vive o ambiente do Nadal coa presentación dunha ambiciosa e variada programación deseñada para toda a familia. Desde o acendido das luces ata a chegada dos Reis Magos, o municipio prepárase para días de ilusión e eventos que prometen facer destas festas un momento inesquecible. O pistoletazo de saída terá lugar...

PontevedraViva
Presentación da programación de Nadal en Bueu

Bueu ilumina o Nadal con máis de trinta propostas para toda a familia

06/12/2025
Bueu

O Concello de Bueu acende o Nadal cunha programación "ampla e variada", deseñada para o desfrute familiar e a participación de todas as idades. Así o destacou Carmen García, concelleira de Cultura, quen presentou hoxe un dos "programas máis completos", froito da colaboración entre o goberno local e os colectivos do...

PontevedraViva
Presentación do Mercado de Nadal da Lama

Fusión de Nadal e compromiso no Mercado Artesanal da Lama

06/12/2025
A Lama

O Concello da Lama e a Asociación de Nais e Pais Cal do Vergazo do CEIP da Lama presentaron a terceira edición do Mercado Artesanal de Nadal, unha cita que terá lugar o vindeiro domingo 14 de decembro no Pavillón Municipal de Deportes. O evento, que se desenvolverá en horario ininterrompido...

PontevedraViva
Marín celebra a chegada do Nadal 2025

Batucada e festa baixo cuberta para abrir o Nadal de Marín

06/12/2025
Marín

Malia a chuvia persistente, a vila de Marín acendeu este venres 5 de decembro o seu Nadal nun acto festivo que tivo lugar nos soportais do Concello. A alcaldesa, María Ramallo, acompañada pola enerxía da Batucada Axé Bahía e un público entregado, foi a encargada de premer a botoneira que inaugurou unha das...

Anxo Lourido
Inicio do Nadal en Sanxenxo

A choiva non frea a ilusión de Sanxenxo co seu acendido de Nadal

05/12/2025
Sanxenxo

Houbo que cambiar os plans previstos pero a choiva non impediu que Sanxenxo entre, oficialmente, no Nadal. Fíxoo co tradicional acto de acendido da iluminación. A conta atrás para a entrada no período de Nadal realizouse desde o Pazo de Nadal que se habilitou na Praza do Mar, onde os nervios e a...

Alejandro Espiño
Acendido do Nadal 2025 en Pontevedra

A intensa choiva desloce o aceso do Nadal

05/12/2025
Pontevedra

As 19.00 horas era o momento marcado para acender o Nadal en Pontevedra. Como xa é habitual, convocouse un acto oficial de aceso na árbore de 60 metros instalado na Praza de España. Pero a choiva desluciu todo o programado, atrasou dez minutos o acto e reduciu a programación. Ás 19.10 horas,...

Cristina Saiz
PontevedraViva
As rúas e prazas da Boa Vila, cheas de luz polo Nadal

Así loce a cidade por Nadal

05/12/2025
Pontevedra

As rúas e prazas de Pontevedra mergulláronse xa de cheo no nadal. Tras o acto oficial de aceso da iluminación na praza de España, iluminouse toda a cidade. Este ano, á iluminación que dan os arcos de luz, hai que sumarlle a xa famosa Aldea de Nadal da Ferrería, que este...

Cristina Saiz
PontevedraViva
O alcalde, Manu Lourenzo, visitando o alumeado de Nadal

Todo preparado en Soutomaior para gozar dun Nadal "para todo o mundo"

05/12/2025
Soutomaior

A carpa instalada na Alameda de Talo Río será o escenario no que este sábado 6 de decembro, ás 18:30 horas, Soutomaior acenderá as luces do seu Nadal. O mal tempo non influirá na programación, segundo garantiu o alcalde, Manu Lourenzo, que destacou que este sera un Nadal "para vivir en...

PontevedraViva
'Papanoelada' moteira de Poio

Papanoelada moteira, exhibición 4x4, concurso e campamentos: Caldas acelera cara ao Nadal

05/12/2025
Umia

Caldas de Reis vivirá o vindeiro 13 de decembro unha xornada cargada de adrenalina. A tradicional papanoelada moteira, que debía celebrarse este sábado pero foi aprazada pola alerta amarela por choiva, compartirá data coa exhibición de vehículos 4x4 prevista en Rabexe. "Será un día único para as persoas amantes do...

Oskar Viéitez
Iluminación de Nadal en Marín 2022

Marín traslada ao edificio do Concello o acto de acendido do alumeado de Nadal

04/12/2025
Marín

A chuvia non impedirá que Marín se mergulle no espírito do Nadal. O esperado acendido terá lugar este venres, ás 18.30 horas, aínda que cun pequeno cambio de plan xa que trasladarase á entrada do edificio do Concello. Ata alí achegarase a Batucada Axé Bahía, que poñerá ritmo e calor á tarde...

Oskar Viéitez
Acendido da iluminación de Nadal en Poio

Poio contáxiase da maxia do Nadal

30/11/2025
Poio

Con 24 horas de atraso sobre o previsto pola choiva prevista o sábado, pero o Nadal chegou ao Concello de Poio con forza para contaxiar a maxia e ilusión das festas. Veciños de todas as idades déronse cita este domingo na Praza do Mosteiro para inaugurar a época do Nadal. Animación, música...

Diego Espiño
Cristina Saiz
Acendido da iluminación do Nadal de Figueirido

Figueirido, primeira parroquia de Vilaboa en acender o Nadal

30/11/2025
Vilaboa

O Nadal chegou a Vilaboa a través de Figueirido. É a primeira parroquia que pulsou o botón de aceso para a súa iluminación do Nadal, elaborada nas últimas semanas cun intenso traballo por parte da asociación veciñal. Preto de 30 persoas implicáronse na decoración do Nadal, cuxo elemento central é unha singular árbore...

PontevedraViva
Aceso da iluminación do Nadal no Pazo Provincial

O Pazo Provincial acende o nadal pontevedrés

29/11/2025
Pontevedra

Cunha chocolatada aberta na Avenida Montero Ríos, e o aceso oficial da súa iluminación do Nadal no Pazo Provincial. Así deu este sábado a bienbenida ao Nadal a Deputación de Pontevedra. O evento contou coa música en directo de Xigro's Big Band e unha exposición de 1.200 adornos da colección ViCo,...

PontevedraViva
Aceso da iluminación de Nadal en Caldas

Caldas de Reis festexa a chegada do Nadal

29/11/2025
Umia

Xa é Nadal en Caldas de Reis. Cunha gran festa, na Prazuela, os veciños de Caldas fixeron oficial a chegada do período festivo co aceso das luces. Non faltaron música, chocolate e roscón, ademais de elementos de pirotecnia. Benvida ao Nadal en CaldasConcello de Caldas de Reis O momento culmen da celebración chegou ás...

PontevedraViva
Decoración navideña en Vilalonga

Vilalonga converte a súa Aldea do Nadal nun evento solidario para axudar a Xandre

29/11/2025
Sanxenxo

Vilalonga estreará este ano unha completa Aldea do Nadal con nove días de actividades pensadas para todos os públicos e cun marcado carácter solidario. A programación foi presentada este venres na Praza Pública e está organizada pola Asociación Cultural Os Cruceiros de Vilalonga, Mulleres Rurais A Candelaria, a Comisión de Festas...

Oskar Viéitez
Inauguración do alumeado de Nadal en Poio (2024)

A previsión de choiva obriga a pospoñer a inauguración do Nadal en Poio

28/11/2025
Poio

A previsión de choivas intensas para este sábado obrigou ao Concello de Poio a aprazar a inauguración oficial do Nadal. Desde o Goberno local anunciaron que coa intención de que veciñanza e visitantes poidan gozar dunha festa especial e sen sobresaltos meteorolóxicos, decidiron mover ao domingo 30 a tan esperada cita....

PontevedraViva
Árbore de Nadal no vestíbulo da Deputación

Luz, música e chocolate: así arrinca este sábado o Nadal da Deputación

28/11/2025
Pontevedra

A Deputación de Pontevedra xa ten todo a punto para dar a benvida ao Nadal. Este sábado, ás 18:30 horas, o Pazo Provincial acenderá o seu alumeado festivo nunha tarde chea de música, tradición e sabor doce. O goberno provincial quere que este sexa "Un Nadal que saia do noso interior",...

Oskar Viéitez
Presentación da programación de Nadal de Marín 2025

O Nadal de Marín, pensado "para compartir", acenderase o venres 5 de decembro

27/11/2025
Marín

O Nadal é una época "para compartir" e esa é a filosofía que o Concello de Marín decidiu usar como lema para a programación deste ano.  A alcaldesa, María Ramallo, presentou a programación acompañada pola responsable da imaxe deste ano, a ilustradora Chus Rojo, e os concelleiros Marián Sanmartín e Manuel Santos.  Durante a presentación, destacou que...

PontevedraViva
Presentación da programación de Nadal en Pontevedra

Pontevedra promete un Nadal "elegante e moi divertido" cun programa "100% pontevedrés"

26/11/2025
Pontevedra

Co acendido da iluminación, previsto para o próximo 5 de decembro na Praza de España, arrancará oficialmente o Nadal en Pontevedra. "Queremos que media Pontevedra estea presente ese día", asegurou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, que avanzou este mércores que ese día haberá "algunha que outra sorpresa" que non...

Alejandro Espiño
Cristina Saiz
Alumnado da Escola do Vao

O alumnado de Poio dá vida ao Nadal creando as decoracións das sete aldeas festivas

26/11/2025
Poio

O Nadal comeza oficialmente en Poio este sábado, día 29, coa tradicional festa de inauguración na Praza do Mosteiro, que incluirá música, animación e a conta atrás para o acendido das luces ás 19.00 horas. Este ano, o acendido estará a cargo das persoas usuarias da Asociación Down Pontevedra – Xuntos,...

Oskar Viéitez
Adornos de Nadal

A vivenda mellor adornada e a decoración máis orixinal con sensibilidade ambiental terán premio no Nadal de Vilaboa

25/11/2025
Vilaboa

Axudar a que Vilaboa respire Nadal volve ter premio. O Concello lanza a segunda edición do concurso de decoración, dirixido a toda a veciñanza do municipio. Esta iniciativa, que leva por título II Memorial Gonzalo Gondar, busca fomentar un ambiente festivo baseado na cooperación, a creatividade e o uso de materiais reciclados, promovendo ao tempo...

PontevedraViva
Inauguración da iluminación de Nadal en Caldas 2024

Unha gran festa dará a benvida ao Nadal de Caldas o 28 de novembro

24/11/2025
Umia

O Nadal inaugurarase formalmente en Caldas de Reis o vindeiro venres 28 de novembro, coa súa gran festa de acendido das luces. Este ano a celebración será na Prazuela en lugar de nas Palmeiras e contará con música, chocolate, roscón e varias sorpresas. O tenente de alcalde, Manuel Fariña, destacou que a festa de acendido...

PontevedraViva
Presentación da programación de Nadal de Poio

Poio presume de programa sorprendente e inclusivo: "O protagonista do Nadal non é o número de luces"

24/11/2025
Poio

O Nadal de Poio terá este ano "unha das programacións máis amplas e completas de toda Galicia", tal e como anunciou o Concello este luns.  O alcalde, Ángel Moldes, presentou a programación acompañado de membros do Goberno e representantes das asociacións, entidades e colectivos que participan na programación.  Durante a presentación, Moldes destacou...

PontevedraViva