Cheo no Pazo da Cultura para dar a benvida a 2026 coa Orquestra Sinfónica de Pontevedra

Pontevedra
02 de xaneiro 2026
Actualizado: 11:06

David Fiuza Souto dirixiu ao conxunto nunha viaxe musical, de Galicia a Viena, coa participación de Paco Lodeiro, César Romero e o Ballet de Galicia

Concerto de Aninovo 2026
Concerto de Aninovo 2026 / Beatriz Ciscar

A Orquestra Sinfónica de Pontevedra ofreceu o tradicional Concerto de Aninovo este 1 de xaneiro de 2026 no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

A agrupación, baixo a dirección do mestre David Fiuza Souto, un dos talentos máis destacados da nova xeración galega de batutas, ofreceu un concerto vibrante.

O público encheu o auditorio para gozar dunha gala que se converteu nunha viaxe musical entre épocas e lugares.

A primeira parte do concerto partiu desde Galicia, cunha homenaxe a Prudencio Romo, recoñecido compositor e membro de Los Tamara, o grupo de Noia, liderado por Pucho Boedo, que revolucionou a música popular galega nas décadas de 1960 e 1970 integrando estilos de soul e rock e versos de poetas galegos.

A interpretación de Paco Lodeiro e César Romero, dúas voces icónicas en Galicia, reviviu esas melodías emblemáticas ante os aplausos do público.

Na segunda parte, a Orquestra Sinfónica de Pontevedra trasladou os asistentes a Viena coa interpretación de obras mestras da familia Strauss.

Entre valses e polcas, o auditorio vivía unha atmosfera elegante que se viu potenciada coas propostas escéncias do Ballet de Galicia, a compañía de Diego Landín, creada no Concello de Marín.

 

Arquivado en