A Papanoelada Moteira de Ponte Caldelas aprázase pola previsión de choiva

Ponte Caldelas
19 de decembro 2025

O evento, que encherá o concello de espírito de Nadal sobre dúas rodas, trasládase ao sábado 27 de decembro mantendo o seu programa orixinal

Papaloenada moteira en Ponte Caldelas
Papaloenada moteira en Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas - Arquivo

Ponte Caldelas decidiu adiar a súa esperada Papanoelada Moteira, que habitualmente reúne a centos de afeccionados ás dúas rodas.

O Concello de Ponte Caldelas anunciou o aprazamento do evento, inicialmente previsto para este sábado, 20 de decembro, debido á previsión de fortes precipitacións xeneralizadas.

A nova data fixada é o sábado 27 de decembro, mantendo o mesmo horario de inicio ás 16:00 horas.

A concentración para todos os participantes comezará na Praza de España, desde onde se dará inicio á ruta moteira por diferentes puntos do municipio.

Ao remate do percorrido, os asistentes poderán gozar de chocolate quente con rosca de maneira gratuíta.

Para participar nesta festiva xornada sobre dúas rodas, os requisitos son sinxelos: dispoñer dunha moto, levar algo vermello e, sobre todo, moitas ganas de pasalo ben, indican desde a organización.

Arquivado en