O Concello de Cuntis desvela a súa ambiciosa proposta de Nadal, deseñada para encher de ilusión e actividades o municipio cunha programación que oficialmente comeza o venres 19 de decembro e vai desenvolverse ata o 5 de xaneiro.
Ademais de consolidar as citas máis arraigadas, como a esperada visita de Papa Noel ou a máxica Cabalgata de Reis, o goberno local introduce novidades pensadas para o goce familiar, con especial atención aos máis pequenos, coa intención de facilitar a conciliación.
Un dos pratos fortes que inaugura as festas é o obradoiro de elaboración de sobremesas típicas de Nadal, que terá un carácter itinerante polas parroquias.
Estes talleres comezarán o martes 16 de decembro en Troáns e continuará por Estacas (martes 17), Piñeiro (18), Couselo (19), Portela (22), Arcos de Furcos (23) e Cequeril (29), todas as citas ás 19:00 horas.
As inscricións poden realizarse a través de [email protected] ou no teléfono 986.533.600.
A música tamén terá un papel protagonista neste Nadal en Cuntis.
O sábado 20 de decembro, a Agrupación Musical e Baile Tradicional de Cuntis ofrecerá un Festival Folclórico de Nadal ás 20:00 horas no Centro Sociocultural Xosé Raído ‘Patelas’.
Ao día seguinte, o domingo 21, a Casa de Cultura acollerá o Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música de Cuntis ás 13:15 horas.
Para o martes 23, Fran Rei traerá o seu espectáculo infantil ‘Súper Heroe’ á Casa de Cultura ás 17:30 horas, prometendo risas para toda a familia.
Un dos momentos máis entrañables chegará o 24 de decembro coa visita de Papa Noel, quen atenderá as peticións dos nenos e nenas na Casa de Cultura entre as 11:30 e as 13:30 horas.
A confraternización veciñal celebrarase o sábado 27 coa tradicional Comida/Cea de Nadal para veciños e veciñas de Cuntis, para a cal os tíckets estarán dispoñibles ata o 24 de decembro.
Pensando no público cativo, o martes 30 de decembro, a Carpa da Feira converterase nun espazo de diversión con inchables e obradoiros infantís gratuítos, dispoñibles durante toda a tarde, de 16:00 a 20:00 horas.
A entrada no 2026 celebrarase con gran pompa na madrugada do 1 de xaneiro coa Gran Festa de Fin de Ano, que contará con música e animación na Carpa da Feira, converténdose no punto de encontro para dar a benvida ao novo ano.
O punto final á programación navideña qudará da man, como é tradición, dos Reis Magos. Melchor, Gaspar e Baltasar percorrerán as rúas de Cuntis na tarde do 5 de xaneiro a partir das 18:30 horas, para culminar cunha recepción na carpa habilitada na Praza da Constitución, onde saudarán a todos os presentes.

Ademais, o Concello lembra que durante estas semanas haberá diversas actividades na Aula CEMiT, incluíndo iniciativas con lentes de realidade virtual destinado a persoas maiores de idade (15, 17 e 22 de decembro, de 16:00 a 18:00 horas) e sesións de práctica co Smartphone (10, 15, 17, 22 e 29 de decembro, de 18:00 a 20:00 horas; e os sábados 13 e 20, de 10:00 a 12:00 horas).
Para facilitar a conciliación familiar, o programa inclúe unha nova edición do "Cuntilín Nadal", que se desenvolverá os días 22, 23, 26, 28, 30 de decembro e 2 de xaneiro.
O prazo de inscrición para esta iniciativa que fomenta a conciliación permanecerá aberto ata o xoves 18 de decembro.
O alcalde, Manuel Campos, subliñou a importancia da colaboración e implicación do tecido social e cultural da vila para facer posible esta completa e variada oferta de Nadal.