Melchor, Gaspar e Baltasar levarán agasallos a pacientes infantís no Hospital Provincial

Pontevedra
02 de xaneiro 2026

A visita está prevista para o luns 5 de xaneiro tanto para pacientes ingresados como para fillos do persoal sanitario nunha xornada organizada pola Asociación Cultural O Chopo

Os Reis Magos no Hospital Provincial
Os Reis Magos no Hospital Provincial / Cristina Saiz

O vindeiro luns 5 de xaneiro, vespera da celebración de Reis, a ilusión visitará o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra da man das Súas Maxestades de Oriente. Melchor, Gaspar e Baltasar, acompañados polo seu séquito de paxes reais.

Os Reis Magos repartirán agasallos e momentos de emoción entre os pacientes infantís ingresados no Hospital Provincial, así como entre os seus familiares, durante unha mañá que promete ser inesquecible, grazas á colaboración da Asociación Cultural O Chopo, promotora da iniciativa.

Durante a tarde, ás 17:00 horas, trasladarase ao salón de actos do hospital Montecelo, para recibir os fillos e fillas dos profesionais do sistema sanitario público.

Alí, nenos e nenas poderán recoller doces e presentes, nun ambiente festivo preparado para celebrar en familia e con solidariedade.

Para facilitar que cada cativo teña o seu agasallo persoal, os paxes reais comunican que aquelas familias interesadas poden depositar os presentes no mostrador principal de Información do hospital Montecelo, desde o domingo 4 ata as 16:00 horas do propio luns 5.

Os agasallos poden engadir unha breve nota personalizada e algunha mensaxe específica.

Con esta iniciativa, os promotores queren que ningún neno quede sen a súa dose de alegría nesta data tan especial.

Arquivado en