Bueu ilumina o Nadal con máis de trinta propostas para toda a familia

Bueu
06 de decembro 2025
Actualizado: 09 de decembro

O Concello e colectivos locais artellan un programa festivo diverso, centrado en As Lagoas, que inclúe cultura, deporte e as tradicionais visitas do Apalpador, Papá Noel e os Reis Magos ata o 6 de xaneiro

Presentación da programación de Nadal en Bueu
Presentación da programación de Nadal en Bueu / Concello de Bueu

O Concello de Bueu acende o Nadal cunha programación "ampla e variada", deseñada para o desfrute familiar e a participación de todas as idades.

Así o destacou Carmen García, concelleira de Cultura, quen presentou hoxe un dos "programas máis completos", froito da colaboración entre o goberno local e os colectivos do municipio.

As Lagoas será o epicentro de moitas das actividades, que tamén se estenderán por outros espazos como o Centro Social do Mar, Banda do Río e as bibliotecas parroquiais.

O pistoletazo de saída desenvolveuse este venres co tradicional acendido das luces de Nadal, que dará paso a un calendario festivo cargado de espectáculos de maxia, contacontos, cinema, actuacións musicais, obradoiros e propostas deportivas, sen esquecer as esperadas visitas dos personaxes máis emblemáticos do Nadal galego.

Axenda de Nadal en Bueu:

  • Venres, 5 de decembro

18:30 h | Acendido das luces de Nadal | Praza do Concello

  • Mércores, 10 de decembro

Actividade: Presentación literaria "Comerás flores" de Lucía Solla | Lugar: Libraría Miranda

  • Xoves, 11 de decembro

18:00 h | Contacontos "Cinema Marabillas: ver para ler" (Raquel Queizás) | Lugar: Biblioteca de Beluso

  • Sábado, 13 de decembro

17:00 h | Bautismos de mergullo solidario (Club Buceo Ons) | Lugar: Piscina Municipal de As Lagoas (Inscrición previa en [email protected]. Gratuíto para maiores de 8 anos cun xoguete para ONG)

19:30 h | Festival "Xa chega o Nadal" (Coral Polifónica de Bueu) | Lugar: Por confirmar

  • Luns, 15 de decembro

Actividade: Presentación literaria "Otra historia de la música" de El Barroquista | Lugar: Libraría Miranda

  • Martes, 16 de decembro

20:00 h | Inauguración alfombra de Nadal (Asociación Cunchas e Flores) | Lugar: Centro Social do Mar

  • Mércores, 17 de decembro

 21:00 h | Cinema "Por todo o alto" (Cineclub) | Lugar: Centro Social do Mar

  • Xoves, 18 de decembro

 18:00 h | Contacontos "Contos de Nadal" (Vero Rilo) | Lugar: Biblioteca de Bueu

  • Venres, 19 de decembro

 17:00 h | Presentación do libro-xogo "Bruxas & Dragóns" de Ledicia Costas | Lugar: Libraría Miranda

  • Sábado, 20 de decembro

12:00 h | "Universo de contos" de Nadal (Libraría Abrente) | Lugar: Estaleiro de Purro

17:00 h | Torneo de xadrez infantil (Club de Xadrez de Bueu) | Lugar: Piscina Municipal de Bueu

Actividade: Presentación literaria Luís Davila, O Bichero | Lugar: Libraría Miranda

20:00 h | Festival Solidario (Asociación Española Contra o Cancro) | Lugar: Por confirmar

Actividade: Festa – baile en lembranza da Sala Paraíso (DJs) | Lugar: Carpa de As Lagoas

  • Domingo, 21 de decembro

20:30 h | Concerto solidario (Coro Gospel Vida) | Lugar: Por confirmar

  • Luns, 22 de decembro (e 23, 29, 30 de decembro)

10:00 h e 18:00 h | Clases de Zumba | Lugar: Piscina (Inscrición gratuíta na piscina ou 986138689)

10:00 h e 11:00 h | Clases de Aquagym | Lugar: Piscina (Inscrición gratuíta na piscina ou 986138689)

10:30 - 13:30 h | Animación con inchable e obradoiros de Nadal | Lugar: Carpa de As Lagoas

Tarde | Debuxos animados con ilustracións (Luís Davila e Elena Bangueses) | Lugar: Estaleiro

  • Martes, 23 de decembro

Actividade: Cine de Nadal ("La leyenda de Santa Claus" e "Los que se quedan") | Lugar: Por confirmar

  • Mércores, 24 de decembro

10:30 - 13:30 h | Animación con inchable e obradoiros de Nadal | Lugar: Carpa de As Lagoas

16:00 - 19:00 h | Visita de Papá Noel | Lugar: Carpa de Nadal (aparcadoiro de As Lagoas)

Actividade: Recuperación do Bando de Nadal (Retrouso de Cela) | Lugar: Rúas da parroquia de Cela

  • Xoves, 25 de decembro

Actividade: Recuperación do Bando de Nadal (Retrouso de Cela) | Lugar: Rúas da parroquia de Cela

  • Venres, 26 de decembro

11:00 h | Visita do Apalpador | Lugar: Por confirmar

19:00 h | Espectáculo "As lamberetadas de Nadal" (Os Bolechas) | Lugar: Centro Social do Mar

  • Sábado, 27 de decembro

17:00 h | Torneo de xadrez adultos (Club de Xadrez de Bueu) | Lugar: Piscina Municipal de Bueu

  • Domingo, 28 de decembro

17:30 h | Carreira San Silvestre "Bye bye 2025" (andaina 1,5 km e carreira 2,5 km, con xincana infantil previa) | Lugar: Contorna da carpa (Organiza Club de Atletismo Galaicas)

20:00 h | Concerto (Banda de Música de Bueu) | Lugar: Por confirmar

  • Luns, 29 de decembro

19:00 h | Maxia "Novas Tolemaxias" (Mago Teto) | Lugar: Carpa de As Lagoas

  • Martes, 30 de decembro

Tarde | Debuxos animados con ilustracións (Marc Taeger e Olalla González) | Lugar: Estaleiro

Actividade: Curtametraxes infantís | Lugar: Estaleiro de Purro

  • Mércores, 31 de decembro

11:30 h | Badaladas miúdas solidarias por Palestina (Peter Punk) | Lugar: Carpa de As Lagoas

Madrugada | Festa de Fin de Ano con Orquestra Distrito 7 | Lugar: Carpa de As Lagoas

  • Venres, 2 de xaneiro

18:00 h | Contacontos "Cabicivai" (Pablísimo) | Lugar: Biblioteca de Cela

  • Sábado, 3 de xaneiro

12:00 h | Maxia "Xoga e maxia" (Mago Paco) | Lugar: Carpa de As Lagoas

17:00 h | Torneo de futbolín | Lugar: Carpa de As Lagoas (Inscrición previa en [email protected])

  • Luns, 5 de xaneiro

11:00 h | Recibimento dos Reis Magos (chegada en embarcacións tradicionais) | Lugar: Peirao

Tras a chegada | Recepción dos Reis Magos | Lugar: Carpa

17:00 h (aprox.) | Cabalgata de Reis | Lugar: Rúas do casco urbano

  • Martes, 6 de xaneiro

16:00 h | Campionato aberto de billarda | Lugar: Carpa de As Lagoas

Toda a programación ampliada e os detalles adicionais estarán dispoñibles na páxina web do Concello (www.concellodebueu.gal) e nas súas redes sociais.

Arquivado en