Xa é Nadal en Caldas de Reis.
Cunha gran festa, na Prazuela, os veciños de Caldas fixeron oficial a chegada do período festivo co aceso das luces.
Non faltaron música, chocolate e roscón, ademais de elementos de pirotecnia.

O momento culmen da celebración chegou ás 20.00 horas, cando o tenente de alcalde, Manuel Fariña, pulsou o botón que iluminaba o municipio rodeada de nenos e nenas.
Até o próximo 6 de xaneiro, en horario de 18.00 horas da tarde a 2.00 horas da madrugada, os veciños poderán gozar das sempre populares luces de Nadal.

Ilumináronse 67 arcos e outros moitos elementos decorativos en prazas e rúas.
É a mesma cifra que hai un ano con até 15.537 watios de potencia.
Todo repartido en máis de 500.000 leds e máis de 1.000 metros cadrados de iluminación ao longo de toda a vila.
