A Comandancia da Garda Civil de Pontevedra súmase ao espírito do Nadal cunha invitación moi especial á cidadanía para gozar dunhas xornadas de portas abertas nas que o protagonista será un belén cargado de detalle e tradición.
Con motivo destas datas tan sinaladas, a Comandancia permitirá o acceso ás súas instalacións para que veciños e visitantes poidan contemplar o belén.
Esta montaxe foi elaborada e cedida este ano polo garda civil Antonio Varela Mourelle e a súa esposa, Marisol Peso Ares, unha obra que reflicte dedicación e agarimo.
As xornadas de portas abertas comezarán o xoves 18 de decembro e prolongaranse até o 5 de xaneiro de 2026, en horario de 09.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
Trátase dunha oportunidade perfecta para achegarse á Comandancia, coñecela desde dentro e gozar dunha tradición do Nadal moi arraigada.