A décima edición de Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, Novos Cinemas celebrou na mañá deste sábado o acto de entrega do palmarés, que tivo lugar na Sala Zennet.
A cerimonia contou coa presenza do equipo organizador, das persoas premiadas e de diversas autoridades institucionais.
O acto de entrega de premios converteuse no momento culminante dunha semana marcada por unha intensa programación de proxeccións, encontros e descubrimentos cinematográficos. A calidade das obras presentadas, xunto co compromiso co presente e a aposta polo risco e polas novas linguaxes audiovisuais, volveron definir o espírito dun festival que se mantén fiel á súa identidade desde os seus inicios.
A décima edición pecharase oficialmente este domingo, cunha última xornada dedicada ás seccións non competitivas.
O Premio Novos Cinemas da Sección Oficial foi para Wind Talk To Me, de Stefan Djordjević, unha obra recoñecida polo xurado pola súa "singularidade formal e pola súa capacidade para expandir a percepción do tempo e do espazo a través dunha posta en escena precisa, hipnótica e profundamente sensorial".
O filme converteuse tamén no favorito dos espectadores, ao facerse co Premio do Público, erixíndose como o gran triunfador desta edición.
Ademais, o xurado concedeu unha Mención Especial a The Crowd, de Sahand Kabiri, destacada como unha proposta que transforma o delirio xuvenil en resistencia colectiva cunha notable intelixencia narrativa e rítmica.
Na sección LATEXOS, o Premio ao mellor filme foi para Yrupẽ, de Candela Sotos. O xurado salientou o valor artístico das obras en competición e definiu a película gañadora como un exercicio sensible de reconstrución da memoria persoal, familiar e colectiva a partir da recuperación dun arquivo case perdido no exilio.
O Premio Ceres á mellor curtametraxe de escolas de cinema e centros formativos de España e Portugal recaeu en Cama de Lavado, de María Lima, pola súa calidade técnica e pola integración da animación como eixo central dun universo propio. A mención especial foi para Todo dicho, de Nel González, pola súa revisión do xénero western e a súa crítica ás masculinidades tradicionais a través dunha linguaxe visual coidada e orixinal.
O Premio da Crítica foi para Glass Bottom Ferry, de Chus Domínguez, polo seu compromiso co presente e pola súa reflexión sobre as fronteiras e a migración, cuestionando os relatos hexemónicos a partir da resignificación das imaxes oficiais. A Mención Especial recaeu en Us and the Night, de Audrey Lam, recoñecida pola súa exploración do tempo, da intimidade e dos vínculos xuvenís mediante unha linguaxe cinematográfica aberta á ensoñación e á literatura.
Pola súa banda, o Xurado Novo outorgou o Premio á Mellor Dirección a Sahand Kabiri por The Crowd, subliñando a precisión formal e a cohesión dunha obra na que fotografía, interpretacións e son conflúen con gran forza expresiva. A Mención Especial foi para Daniel Vidal por La anatomía de los caballos, polo seu destacado traballo visual e o uso da luz como elemento narrativo esencial.

Dez anos despois do seu nacemento, Novos Cinemas consolídase como un espazo de encontro entre cineastas, público e pensamento crítico, reafirmando o seu propósito de facer do cinema unha ferramenta para pensar o presente.
No marco deste décimo aniversario de Novos Cinemas, tres figuras esenciais do cinema galego —Beli Martínez (Filmika Galaika), Lois Patiño (cineasta e creador audiovisual) e Jaione Camborda (Esnatu Zinema)— compartiron este sábado reflexións sobre o papel dos festivais no ecosistema cinematográfico actual.
O encontro estivo moderado polo xornalista de PontevedraViva, Alejandro Espiño, e contou coa participación de Daniel Froiz, director executivo de Novos Cinemas e produtor en Matriuska Producións.