'Windermere Club' convence ao público de Pontevedra en Afundación

Pontevedra
14 de novembro 2015

O auditorio de Afundación en Pontevedra acolleu a representación da obra, baseada nun texto de Oscar Wilde, protagonizada polos actores Natalia Millán, Teresa Hurtado e Javier Martín

Representación da obra 'Windermere Club' en Afundación
Representación da obra 'Windermere Club' en Afundación / Cristina Saiz

O auditorio de Afundación en Pontevedra acolleu este venres a representación de Windemere Club, dentro da súa programación teatral, cunha notable presenza de público.

A obra, adaptación da clásica O abanico de lady Windermere de Óscar Wilde, contou con actores como Natalia Millán, Teresa Hurtado e Javier Martín, entre outros.

O texto enganchou aos presentes, nunha historia baseada no medo á difamación e a importancia da imaxe social das persoas.

Windermere Club xira ao redor da historia da señora Windermere, unha muller que descobre que o seu marido mantén unha relación con outra persoa e decide enfrontarse a el.

Tras esta función El hijo de la novia, adaptación da coñecida película do mesmo nome, pechará o día 16 de decembro a programación anual de teatro de Afundación en Pontevedra.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora