28 medallas galegas na modalidade de combate cadete e júnior do Open de España de taekwondo

Pontevedra
12 de abril 2015

Intensa segunda xornada de competición no Pavillón Municipal dos Deportes, con preto de 800 deportistas. Os combates iniciáronse ás 8:00 horas da mañá e concluíron pouco antes da media noite

Segunda xornada do Open de España de Taekwondo Diego Torrado

Bo papel dos representantes galegos na segunda xornada do Open de España de Taekwondo que se está a celebrar en Pontevedra.

O Pavillón Municipal dos Deportes viviu este sábado unha intensa xornada de competitiva coa modalidade de combate para as categorías cadete e júnior.

Preto de 800 deportistas protagonizaron unha xornada que arrancou ás 8:00 da mañá e pechouse pouco antes da media noite.

Os taekwondistas galegos sumaron nese tempo un total de 28 medallas. 23 delas chegaron na competición cadete, onde o pontevedrés Unai Silva (Mace Sport) se impuxo na final de -57 quilos ao marinense Noh Pereira (Mat's), con outro galego, Rodrigo Varela (Luar) no bronce.

Os outros ouros foron para Arlet Ortiz, Aitana Santomé, Alma Pérez e Tania Castiñeira (+59). Ademais foron prata Alba Vidal, Brais Guardado, Brian Franco e Sergio Iglesias e lograron a medalla de bronce Celia Losada, Zaira Vázquez, Leticia Trigo, Carla Muñiz, Silvia García, Nerea Piedras, Elena Currás, Víctor Posada, Moisés Cameán, Sergio Gonzalo, Alejandro López e Luis Silva.

Pola súa banda na competición júnior as preseas foron cinco, todas elas de bronce, nun open que destacou polo gran nivel competitivo.

Os medallistas foron Lara Pazos (Mat's), Ainhoa Boubeta (68, Patiño), Miguel Orro (Natural Sada), Anxo Fernández (Arte e Movemento) e Miryam García (Patiño).

O Open de España vivirá durante o domingo a súa terceira e última xornada co seu prato forte, a modalidade de combate en idade sénior.