A previsións cumpríronse e a XXXI San Silvestre de Pontevedra será a máis concorrida da historia, superando amplamente os 2.939 atletas que tomaron a saída hai un ano.
Nesta ocasión non só superouse a barreira dos tres millares de corredores, se non que o período de inscrición se pechou con 4.439 deportistas anotados, desbordando as previsións da Sociedad Gimnástica, organizadora da proba en colaboración do Instituto Municipal de Deportes.
Este grande incremento que se verá referendado o próximo día 31, especialmente se a climatoloxía acompaña.
Sen perder tempo, dende este mesmo sábado poden retirarse os dorsais na Casa da Luz (Praza da Verdura).
Este servizo permanecerá activo en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:30 horas, agás o mesmo día 31 que só se poderá realizar entre as 10:00 e as 13:00 horas.
Só os atletas de fóra da cidade poderán retirar o seu número na zona de saída ata media hora antes do comezo.