75 anos #latexandoporti, o Pontevedra mantén prezos na súa nova campaña de abonados

Pontevedra
20 de xullo 2016

O club granate publica o prezo dos carnés de socio para a tempada 2016/2017, a do seu 75 aniversario, na que só aumenta 10 euros, ata os 70, a categoría de peñas no Fondo Sur. Os abonos darán acceso a todos os partidos de pretempada, a liga regular e os encontros da base

Público no Estadio de Pasarón
Público no Estadio de Pasarón / Diego Torrado

O Pontevedra Club de Fútbol fixo pública este mércores una das informacións máis esperadas polos seus afeccionados, o prezo dos abonos para a tempada 2016/2017.

O club granate manterá os prezos na súa segunda tempada consecutiva na Segunda B, cunha mínima subida de 10 euros, ata os 70, na categoría de peñas para o Fondo Sur.

Desta forma, e baixo o lema 75 anos #latexandoporti, o prezo dos carnés de socios para a categoría senior será de 220 euros na bancada de Tribuna, 150 en Preferencia, 90 en Fondo Norte, 80 euros en Fondo Sur e 600 no palco de autoridades.

Os xubilados deberán desembolsar 125 euros (Tribuna), 100 (Preferencia), 70 (Norte) e 60 euros (Sur), mentres os bonificados abonarán 110, 75, 70 e 60 euros respectivamente.

Pola súa banda as peñas só poderán acceder aos fondos a un prezo reducido de 70 euros.

Para terminar o carné xuvenil fixouse en 60, 55 e 50 euros para Tribuna, Preferencia e fondos respectivamente, o infantil en 40, 35 e 30 euros e o baby en 10 euros.

Os abonos darán acceso aos partidos de pretempada do equipo, a toda a liga regular e os encontros da base. A campaña poñerase en marcha nos próximos días, nunha data que desde o Pontevedra aínda non confirmaron.

Arquivado en