A +10 Marín será este año campionato de Galicia de 10 quilómetros en ruta

Marín
11 de xullo 2018

A sétima edición da carreira +10 Marín Manuel Rosales chega este ano cunha novidade importante: será nesta edición o campionato galego Sub20, Sub23, máster e absoluto de 10 quilómetros en ruta. Celebrarase o próximo 28 de xullo, ás 22.00 horas

Participantes na carreira popular +10 Marín 2017 Diego Torrado

A sétima edición da carreira +10 Marín Manuel Rosales chega este ano cunha novidade importante: será nesta edición o campionato galego Sub20, Sub23, máster e absoluto de 10 quilómetros en ruta. Celebrarase o próximo 28 de xullo, ás 22.00 horas.

Como cada ano, a +10 Marín Manuel Rosales contará con probas de categorías menores desde unha hora antes da saída da carreira absoluta e un amplo programa de actividades e servizos para os corredores que terán o seu epicentro na alameda de Marín, punto onde estará situada tamén a meta do percorrido.

O circuíto de dez quilómetros será similar ao de anteriores edicións, que conta cn homologación oficial. Terá a súa saída desde o Concello en dirección Estribela para posterior regreso, pasando polas instalacións da Escola Naval Militar antes de encarar o tramo final do percorrido con meta na Alameda.

As inscricións para a proba popular están xa abertas a través do portal web www.cronotec.es

O evento espera seguir batendo récords xa que, con máis de 700 participantes na súa proba estrela, a do pasado curso foi a súa edición máis numerosa.

A cota de inscrición é de 7 euros ata o 21 de xullo e oito ata o momento de peche do prazo, o 26 de xullo ás 14 horas.

Todos os participantes apuntados á proba popular recibirán como obsequio unha bolsa técnica e unha camiseta técnica. 

En canto ao campionato galego, a inscrición é gratuíta e cada club deberá anotar aos seus propios atletas pero aqueles corredores que decidan non apuntarse tamén á proba popular perderán o seu dereito aos premios da mesma así como aos agasallos técnicos.

As probas de categorías inferiores volverán ser de carácter gratuíto e poderán facerse tanto na web de Cronotec como presencialmente o mesmo día da carreira.