A borrasca Karlotta dificulta a chegada de deportistas ao Campionato de España Máster de Natación

Pontevedra
09 de febreiro 2024

Varios clubs dos 161 rexistrados no campionato non puideron chegar a tempo á primeira xornada, disputada este xoves, por mor da borrasca, ao obrigar a varios avións para regresar ao seu punto de orixe ante as malas condicións climatolóxicas

Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños Mónica Patxot

A mala climatoloxía condicionou o arranque do Campionato de España Máster de Inverno de Natación que se disputa esta semana no Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños.

Segundo informou a Real Federación Española de Natación, varios clubs dos 161 rexistrados na competición non puideron chegar a Pontevedra a tempo de competir na xornada do xoves debido á borrasca Karlotta.

Isto débese a que os seus deportistas eran pasaxeiros nalgúns dos voos que tiveron que regresar aos seus puntos de orixe ante a imposibilidade de aterrar en Galicia polo mal tempo.

A pesar da incidencia a primeira xornada do Nacional Máster encheu de deportistas a piscina olímpica pontevedresa, deixando ata nove récords de España no balance do día.

Destacaron as plusmarcas nacionais de Felipe Arevalillo (100 libres en +70 por baixo de 1.09) e os dous de Rosa Segarra en 100 e 200 braza na categoría +75. Tamén asinaron un récord de Eapaña os deportistas Santiago Valenzuela (100 libres +50), Sergio Sarmiento (200 braza +60), Ramona Guillén (100 libres +65), Pilar Solsona (50 bolboreta +70) e as remudas de 4x50 estilos do Vulcania Master (+120) e Tenerife Masters (+320). 

O Campionato de España Máster, que se disputa por sexta vez en Pontevedra, finalizará o vindeiro domingo 11 de febreiro.