A brasileira Lidiane Carvalho, nova futbolista do Poio Pescamar

Poio
17 de xaneiro 2019

Despois de semanas de procura, o cadro vermello ten xa ao reforzo que buscaba para reforzar ao equipo na segunda volta da competición. O club axiliza agora as xestións para que a xogadora, de 29 anos, poida debutar canto antes

Partido entre Poio Pescamar e Majadahonda FSF
Partido entre Poio Pescamar e Majadahonda FSF / Diego Torrado

O Poio Pescamar xa ten ao reforzo que buscaba para afrontar con garantías a segunda volta da competición na Primeira División.

Trátase da brasileira Lidiane Carvalho, xogadora de 29 anos que aterra no club vermello procedente do Filadelfia Univale de Valadares, equipo co que esta tempada conseguiu alzar o título de Minas.

Lidiane é unha futbolista zurda "con moita potencia e disparo exterior", aseguran desde a entidade.

A directiva tenta axilizar agora toda a tramitación necesaria para que poida poñerse ás ordes do seu novo adestrador, Dani Díaz, canto antes.