A liga de Primeira División Nacional comezou de maneira inmellorable para o Club Waterpolo Pontevedra, vencendo o CW Dos Hermanas sevillano.
Ao bo resultado colaborou unha recentemente chegada ao equipo, un novo reforzo pechado para tentar aumentar as súas aspiracións de permanencia na categoría.
Trátase da canadense Capucine Monteil, xove porteira de 19 anos e internacional polo seu país, con quen vén de disputar o Mundial Sub-20 disputado en setembro en Portugal.
Monteil, que xa puido axudar ás súas compañeiras no debut, chega a Pontevedra procedente do Club Aquatique Water-Polo Montreal (CAMO).