A carreira popular +10 Marín prepara a súa quinta edición

Marín
19 de xullo 2016

A proba celebrarase o vindeiro sábado 30 de xuño e de novo en horario nocturno, con saída ás 22:00 horas das inmediacións da Alameda marinense

IV +10 Marín Manuel Rosales Diego Torrado

Por quinto ano consecutivo Marín terá unha cita no verán co atletismo popular grazas á +10 Marín Manuel Rosales Gran Premio Ence.

A proba celebrarase nesta ocasión o sábado 30 de xullo, e farao de novo en horario nocturno, con saída da carreira absoluta ás 22:00 horas desde as inmediacións da Alameda.

O circuíto será similar ao de anos anteriores, con 10.000 metros de percorrido ata terminar na rúa Almuiña, tendo como un dos seus puntos máis rechamantes a entrada na Escola Naval Militar.

Ata o día 24 de xullo a inscrición custará 6 euros e ata o día 29, último do prazo establecido, 7 euros, podendo formalizarse en www.cronotec.es.

Ademais da proba absoluta, conxunta para as categorías masculina e feminina, organizaranse carreiras para os máis pequenos, con diferente distancia en función da idade dos participantes.