A Copa do Rei entra en escena para Teucro e Cisne

Pontevedra
15 de outubro 2021

Os dous equipos pontevedreses tómanse esta fin de semana un pequeno respiro na División de Honra Prata para afrontar a primeira rolda copeira. O Teucro xogará na casa mentres que o Cisne debe afrontar un longo desprazamento a Cataluña

Derbi de División Honra Prata entre Teucro e Cisne no Pavillón Municipal Mónica Patxot

O Club Cisne Balonmán e a Sociedad Deportiva Teucro toman un pequeno respiro esta fin de semana na División de Honra Prata para centrarse na Copa do Rei.

O Torneo do K.O. afronta a súa primeira eliminatoria, que enfronta a partido único a equipos da segunda categoría, e aí estarán os dous representantes pontevedreses tras un inicio de competición completamente oposto para ambos os dous.

Por unha banda o Teucro buscará atopar na Copa un respiro á súa situación ligueira, con tres derrotas en tres partidos, para así comezar a coller confianza pensando na súa recuperación. Os azuis xogarán este sábado (20.00 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes ante o Eivissa.

En canto ao Cisne, líder en liga con pleno de vitorias, deberá afrontar un longo desprazamento ata Cataluña para medirse ao UE Sarrià (sábado, 20.00 horas).

De superar a eliminatoria os equipos pontevedreses verían as caras na segunda rolda cun equipo da Liga Asobal.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora