A Copa Galicia de atletismo, pedra de toque para a Gimnástica

Pontevedra
14 de xaneiro 2016

O equipo masculino apropvechará a cita, na que parte como favorito, para preparar a súa próxima participación na Copa do Rei. O equipo feminino aspira a repetir na Coruña o podio do pasado ano nesta competición

Equipo da Gimnástica na Copa Galicia 2015 Sociedad Gimnástica

O pavillón de Riazor, na Coruña, será escenario o vindeiro domingo da Copa de Galicia de atletismo en pista cuberta, nunha boa oportunidade para que o equipo masculino da Gimnástica prepare a súa inminente participación na Copa do Rei.

O club pontevedrés parte como favorito para revalidar o título en categoría masculina despois de tres anos consecutivos subindo ao chanzo máis alto do podio. Pola súa banda o equipo feminino aspira a repetir, polo menos, o terceiro posto da pasada edición.

A competición arrincará ás 10:30 horas da mañá nun programa con só doce probas nas que un fallo é complicado de superar.

Representarán á Gimnástica na Coruña: Esperanza Caldas (50 metros), Adrián Salgado (50 metros), Jon Alonso (200 metros), Xiana González (200 metros), Ángel Vargas (400 metros), Eva Salgado (400 metros), Jorge Puig (800), Lucía Cardesín (800), Adrián Lago (1.500), Rocío Rodríguez (1.500), Iván Docampo (3.000), Adela Ardao (3.000), Álex Solla (50 valos), Lucía Ferrer (50 valos), Darío Costas (altura), Inés Martínez (altura), David Ferrer (lonxitude), Paula Martín (lonxitude), Santi Ferrer (pértega), Emma Lorenzo (pértega), Marco Martínez (triplo salto), Marta Fermoso (triplo salto), Víctor Galego (peso) e Sandra Carballo (peso).