A Sociedad Gimnástica revalida título na Copa Galicia de pista cuberta

Pontevedra
17 de xaneiro 2016

Despois de tres anos seguidos gañando a competición, os mozos volveron sumar un cuarto cordón no alto do podio, unha xesta que se celebrou coma se fose a primeira vez. Ademais, na clasificación conxunta dos dous sexos a Gimnástica foi tamén o mellor equipo do Campionato. Mágoa que as mozas non subisen ao podio ao clasificarse no quinto posto

Equipo masculino da Sociedad Gimnástica, campión da Copa Galicia de pista cuberta
Equipo masculino da Sociedad Gimnástica, campión da Copa Galicia de pista cuberta / Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Novamente gran resultado o conseguido na matinal deste domingo, polos atletas da Sociedad Gimnástica que participaron na Copa de Galicia de pista cuberta, disputada nas pistas do Palacio de Deportes de Riazor, na Coruña.

Despois de tres anos seguidos gañando a competición, os mozos volveron sumar un cuarto cordón no alto do podio, unha xesta que se celebrou coma se fose a primeira vez. Ademais, na clasificación conxunta dos dous sexos a Gimnástica foi tamén o mellor equipo do campionato. Mágoa que as mozas non subisen ao podio ao clasificarse no quinto posto.

En canto aos resultados parciais, os atletas pontevedreses sumaron cinco vitorias. Darío Costas no salto de altura, Santi Ferrer Alonso en pértega, o relevo masculino, con Jon Alonso, Darío, Jorge Puig e Adrián Lago; Jorge nos 800 metros e Víctor Gallego no lanzamento de peso.

En segunda posición quedaron David Ferrer no salto de lonxitude, Emma Lorenzo na pértega, Iván Docampo nos 3.000 metros lisos e Adrián Lago nos 1.500 metros.

Os terceiros postos foron de Paula Martín no salto de lonxitude, Sandra Carballo no lanzamento de peso, Rocío Rodríguez nos 1.500 metros lisos e Jon Alonso nos 200 metros lisos.

Este resultado reforza o optimismo do club pontevedrés para as importantes citas que quedan para o resto deste mes de xaneiro, o Campionato Galego absoluto, o autonómico de cros curto e a Copa do Rei.