O Pontevedra Club de Fútbol xa ten rival para os cuartos de final da fase autonómica da Copa Federación, torneo que de chegar lonxe pode servir de vía de entrada á Copa do Rei. Ten rival e tamén día e hora para o choque.
Os granates afrontarán o seu primeiro partido oficial da tempada contra o Coruxo, que este martes venceu na rolda previa ao Rápido de Bouzas (0-2).
O duelo foi fixado para este mesmo venres 18 de agosto, a partir das 18.00 horas da tarde, no campo vigués do Vao. Será a segunda vez este verán que os de Yago Iglesias visiten ao Coruxo, tras a derrota pola mínima encaixada no segundo test de preparación.
Ao fixarse o partido de Copa para o venres, o calendario do Pontevedra se modifica, xa que o domingo día 20 suspéndese o amigable que estaba previsto previsto en Cambados (19.30 horas) fronte ao RC Celta Fortuna, como agora denomínase o filial celeste.
HORARIO DA PRIMEIRA XORNADA DE LIGA
Doutra banda xa se coñece o horario da primeira xornada de liga en Segunda RFEF, e que supoñerá o regreso ao Estadio Municipal de Pasarón para o Pontevedra Club de Fútbol.
Os granates estrearán a tempada ligueira recibindo á Gimnástica Torrelavega en Pasarón o domingo 3 de setembro ás 19.00 horas.