A Cultural Leonesa aparta a Orgullo Cazurro polos altercados e os seus cánticos nazis en Pasarón

Pontevedra
16 de febreiro 2023

O club leonés emitiu un comunicado este xoves no que informa que impedirá ao grupo de animación mostrar a súa simboloxía no estadio Reino de León ata que conclúa a investigación policial polos altercados ocorridos en Pontevedra e os cánticos e xestos nazis que levaron a cabo no interior do estadio de Pasarón

Xogadores da Cultural e Deportiva Leonesa saúdan os seus afeccionados ao final do encontro en Pasarón Cultural y Deportiva Leonesa

"A Cultural e Deportiva Leonesa decidiu apartar a Orgullo Cazurro de calquera vinculación co club". É a decisión do equipo leonés despois dos sucesos ocorridos o pasado sábado en Pontevedra, onde numerosos integrantes deste grupo de afeccionados participaron nunha pelexa multitudinaria no centro da cidade e logo, xa no interior do estadio, pronunciaron cánticos e realizaron xestos nazis.

A decisión da entidade é "cautelar" e non será firme ata "coñecer os detalles da investigación policial en curso", recolle o comunicado difundido a través das canles oficiais do club. 

Unha das principais consecuencias deste posicionamento será a de impedir "mostrar simboloxía do grupo no estadio Reino de León durante os próximos partidos". Ademais reforzarán a seguridade e os controis de acceso ao estadio.

Co obxectivo de cortar este tipo de condutas, "o club atópase en permanente comunicación coas forzas de seguridade e esperará a que a investigación policial conclúa para tomar unha decisión final respecto diso".

Non é a primeira vez que "Orgullo Cazurro" protagoniza un enfrontamento co club e, mesmo, con outros grupos de afeccionados. De feito, desde hai anos non pertence á Federación de Peñas Culturalistas, informan medios locais de León.

Pola súa banda, o club xa emitiu un comunicado o mesmo día do partido condenando este tipo de condutas. Tamén o Concello de Pontevedra mostrou a súa repulsa polo ocorrido tanto no estadio como no exterior, mentres que desde o Pontevedra polo momento non fixeron ningún tipo de comentario respecto diso. 

 

La Cultural y Deportiva Leonesa informa:

Tras los acontecimientos producidos el pasado sábado en la visita del equipo a Pontevedra, y a la espera de conocer los detalles de la investigación policial en curso, la Cultural y Deportiva Leonesa ha decidido, de manera cautelar, apartar a ‘Orgullo Cazurro’ de cualquier vinculación con el club.

La Cultural y Deportiva Leonesa no permitirá mostrar simbología del grupo en el estadio Reino de León durante los próximos partidos, así como reforzará la seguridad y los controles de acceso al estadio.

El club se encuentra en permanente comunicación con las fuerzas de seguridad y esperará a que la investigación policial concluya para tomar una decisión final al respecto.