A Deputación de Pontevedra, encabezada polo deputado de Deportes, Gorka Gómez, recibiu este venres no Pazo Provincial aos taekwondistas do Mat's Iván García, subcampión do mundo, e Sergio Troitiño, campión de Europa junior.
"Na Deputación tentamos poñer en valor os deportistas e o deporte, porque consideramos que é a mellor forma de que sexan recoñecidos", explicou Gómez á vez que lamentou que o taekwondo sexa un deporte que non está visibilizado aínda que "o merece".
Recoñeceu á súa vez o traballo que hai detrás de cada deportista "porque a xente pensa que só é o momento de saír a competir, pero detrás hai sacrificio, de pais, avós e avoas por levar aos nenos a competir os fins de semana". Tamén sinalou o labor de preparadores, nutricionistas ou psicólogos, "ese traballo oculto e invisible que hai detrás dun deportista", que o obriga moitas veces a "renunciar a moitas cousas para chegar á elite", e o do club, encargado "de poñer os medios para que os deportistas consigan éxitos".
Tomaron a palabra tamén Ángel Torres, director deportivo do Mat's e ex adestrador de Iván e Sergio, e Jesús Benito, actual preparador no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, sinalando o primeiro a súa admiración por dous deportistas que "mantienen una vinculación constante y colaboran con la formación de la base".
Pola súa banda, Jesús Benito encomiou a implicación dos taekwondistas, que "ponen toda la carne en el asador" a pesar de que estar día tras día no CGTD é "un trabajo duro para ellos, compatibilizan bien los estudios con los entrenamientos y están completamente implicados en la evolución".
Finalmente, chegou a quenda dos protagonistas, que admitiron estarvos felices cos resultados conseguidos ata o momento aínda que aspiran a moito máis.
Sergio Trotiño, por exemplo, quere alcanzar éxitos en categoría sénior. Fáltalle dar ese pequeno paso ao máximo nivel, porque ata o de agora competiu nas junior, onde xa ten un extenso palmarés no que loce a medalla de ouro no Campionato de Europa, o bronce no Campionato do Mundo, ou o ouro nos Multieuropean Games.
O outro homenaxeado, Iván García, valorou os resultados de todo este ano que "han ido creciendo campeonato a campeonato" grazas, en gran parte, á boa preparación que teñen detrás. O seu obxectivo agora, unha vez conseguidas as pratas nos Campionatos de Europa e do Mundo, e o bronce no Gran Prix de París, é clasificarse entre os cinco primeiros postos para poder estar nos Xogos Olímpicos de París 2024.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.