A disolución do Waterpolo Galaico, a debate na próxima asemblea do club

Pontevedra
28 de outubro 2015

A falta de horas de piscina no Complexo Deportivo Rías do Sur para poder adestrar atópase detrás da difícil situación da entidade. A directiva consultará o vindeiro venres cos socios cales serán os seus próximos pasos

Presentación dos equipos de waterpolo do Galaico
Presentación dos equipos de waterpolo do Galaico / Diego Torrado

O futuro do Club Waterpolo Galaico Pontevedra está máis no aire que nunca. De feito a súa continuidade debaterase cos socios nunha asemblea extraordinaria convocada para o venres 30 de outubro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Na mesma a directiva trasladará unha "proposta de extinción e disolución do club", que conta na actualidade con máis de 100 deportistas federados nas diferentes categorías, o que lle converteu nunha das referencias do waterpolo galego.

O problema de fondo atópase na falta de horas de piscina para poder adestrar no Complexo Deportivo Rías do Sur, en Pontemuiños. Tras a súa separación do Natación Galaico chegouse a un acordo de uso das instalciones que finalizou o pasado verán sen que se puidera renovar, a pesar dos intentos neste aspecto.

A entidade debe acordar o uso da piscina olímpica coa Fundación Rías do Sur e o Natación Galaico.

Ata agora os diferentes equipos do club comezaron a tempada adestrando na piscina de Campolongo, Escola Naval e centro militar de Campolongo, pero a partir do mes de novembro non poderá utilizar todas estas intalaciones e atópase nunha situación de difícil saída.

"A proposta faise ante a imposibilidade, por personalismos alleos á Entidade, de poder levar a cabo os adestramentos necesarios para o desenvolvemento desta modalidade deportiva", sinala o Waterpolo Galaico na convocatoria da asmablea, coa que queren consultar ante os seus socios que pasos dar a partir de agora.

A asemblea terá lugar na aula 2 do CGTD ás 19:30 horas en primeira convocatoria e ás 20:00 horas na segunda.