Esta fin de semana celebrarase en Pontevedra a II Edición do Open Cidade de Pontevedra Bola 9, en colaboración coa concellería de Deportes. Reunirá a máis de 40 xogadores de billar, 16 máis que a edición anterior. A competición estructurarase en tres quendas ou 'grillas' e, de cada un, se clasificarán catro para unha final de 12 xogadores. Terá lugar entre o 17 e o 19 de febreiro nas instalacións do Pool Pontevedra Billiard Club, organizador do torneo, e todos os enfrontamentos serán retransmitidos en directo a través da súa canle de Youtube e tamén na plataforma online de Cuescore. Trátase dun torneo de carácter internacional, pois nel participarán tamén xogadores de Portugal, e contará con figuras de gran nivel e recoñecemento dentro desta disciplina como Estrella Fazanes, campioa de España en cinco ocasións que retoma a súa actividade no billar logo dun tempo inactiva. Tino Fernández, concelleiro de deportes, asegurou na presentación do Open celebrada este martes que "o billar é un deporte que axuda a empatizar" e insistiu en que "queremos ser unha cidade referente" en todo o que estea relacionado con solicializar e pasalo ben. Ademáis fixo fincapé en que "resultou un éxito a edición do ano pasado" polo que se espera o mesmo ou máis desta. Por outra parte, Jesús Portela, secretario do clube organizador, explicou que "Pontevedra es una de las ciudades con mayor número de licencias en billar" e aínda que os seus xogadores non estean tan recoñecidos existe un alto nivel.