A pista de piragüismo David Cal Pontillón do Castro, en Verducido, acollerá desde este venres una das grandes citas deportivas do ano, o Campionato de España de Sprint Olímpico para as categorías senior e xuvenil.
Todos os grandes nomes do panorama nacional están inscritos nunha cita que contará cunha participación de record, con 719 padexeiros confirmados de 79 clubs, o que supón un incremento de máis de 200 deportistas con respecto á mesma competición en 2015, cando tamén se celebrou en Pontevedra.
Os campións olímpicos Saúl Craviotto, Cristian Toro e Marcus Cooper, a tamén olímpica Teresa Portela ou o pontevedrés Adrián Sieiro son algúns dos nomes importantes dun campionato que se prolongará ata o domingo 9 de xullo, con dobre sesión venres e sábado e unha última xornada só con competición na matinal.
En xogo estará ademais o título de campión da Liga Nacional por equipos nas categorías masculina e feminina, nas que parten entre o favoritos Kayak Tudense e Breogán do Grove respectivamente.
"Estamos orgullosos de que se celebren aquí os campionatos de España", recoñeceu na presentación do evento o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, xunto ao presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea. Unha relación entre ambas as institucións que, aseguran, seguirá fomentándose nos próximos anos.
Consulta aquí a programación e horarios do XLIX Campionato de España de Sprint Olímpico.