O Complexo Deportivo David Cal de Verducido, no encoro de Pontillón do Castro, foi escenario a fin de semana da primeira Copa de España de Barco Dragón sobre a distancia de 500 metros.
Na competición déronse cita doce equipos procedentes de diferentes comunidades autónomas, con embarcacións de 10 e 20 padeeiros.
A Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra proclamouse campión da Copa de España na súa clasificación xeral cun total de 258 puntos, seguido por Asturias Dragon Boat con 171 puntos e Alberche Kaiak Club con 141 puntos.
No que respecta a a categoría feminina o Club Piragüismo Verducido Pontillón fíxose co primeiro posto con 33 puntos, mentres que a E.P. Ciudad de Pontevedra sería segundo con 27 puntos e Asturias Dragon Boat terceiro con 26 puntos.
Por último, entregáronse os premios da 1º Copa Galega de Dragón onde a EP Ciudad de Pontevedra repetiu primeiro posto seguido polo Club Breogán do Grove e o Piragüismo Rías Baixas.