A pista de piragüismo David Cal do encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, foi escenario a fin de semana da 2º Copa de España Sprint da tempada, con máis de medio milleiro de deportistas rexistrados.
Entre eles os padexeiros locais coleccionaron un bo puñado de medallas, destacando tamén por equipo en cuarto posto na xeral da EP Ciudad de Pontevedra (348 puntos) e o sexto do Breogán do Grove (270 puntos). O club pontevedrés foi ademais segundo no medalleiro con tres ouros, dúas pratas e un bronce.
A nivel individual Claudia Couto (EP Ciudad de Pontevedra) coroouse como a gañadora na final de C1 200 metros, con Valeria Oliveira (Piragüismo Poio) terceira. Couto ademais con Antía Otero (EP Ciudad de Pontevedra) dominou a proba de C2 500 metros e fixéronse co triunfo final
Na final C1 1000 metros Pablo Crespo (EP Ciudad de Pontevedra) levou o primeiro posto seguido por Diego Domínguez (Breogán), segundo.
Pola súa banda Manuel Fontán e Adrián Sieiro, do Náutico O Muiño, lograron a vitoria na final de C2 500 metros, con Pablo Crespo e Martín Jácome (EP Ciudad de Pontevedra) segundos e os irmáns Noel e Diego Domínguez (Breogán) terceiros.
Por último o equipo do Breogán levou o primeiro lugar na final de C4 500 metros, seguido polo EP Ciudad de Pontevedra na segunda posición. O terceiro lugar foi para o Náutico O Muiño. Na final feminina, o EP Ciudad de Pontevedra obtivo o terceiro lugar