A EP Ciudad de Pontevedra, mellor club na Copa de España de Barco Dragón

Pontevedra
26 de xuño 2022

O encoro do Pontillón do Castro en Verducido encheuse este sábado de barcos dragón coa disputa da II Copa de España da modalidade en distancia 500 metros  

Copa de España de Barco Dragón de Piragüismo Cristina Saiz

O encoro do Pontillón do Castro en Verducido encheuse este sábado de barcos dragón coa disputa da II Copa de España da modalidade en distancia 500 metros.

A competición contou cunha inscrición de 350 deportistas de 12 clubs procedentes de Galicia, Madrid, Asturias, Valencia, Andalucía e Murcía. En total participaron 65 as embaraciones.

Pero de todas elas, as miradas estiveron especialmente postas na embarcación galega BCS (Breast Cancer Survivors) de mulleres que padecen esta patoloxía, xa que era a súa primeira participación nunha proba deste nivel.

E para ser a primeira vez que competían en algo así, conseguiron unha moi valiosa medalla de bronce que encheu de alegría a todo o equipo, chegando só por detrás das favoritas, as de Mariña Valencia, que foron primeiras, e de Ventos de Cartagena, que chegaron segundas.

En canto a clubs, o campión indiscutible da II Copa de España de Dragon Boat foi a EP Ciudad de Pontevedra con 239 puntos. Mentres tanto, o segundo posto foi para o CN Santa Lucía (214), o terceiro para o Real Círculo de Labradores (185), cuarto foi o Asturias Dragon Boat (157), quinto o Breogán do Grove (129) e sexto foi o CP Rías Baixas-Boiro (117).

O Top 10 completárono o RC de Regatas de Cartagena (108), o RCN Torrevieja (87), o Alberche Kayak Club (73) e o Mariña de Valencia (53). O penúltimo posto foi para o CD Piragüismo Sevidragón (44) e o último para a Club Escola Piragüismo Aranjuez (9).