A EP Ciudad de Pontevedra, segunda no medalleiro do Nacional de Novas Promesas

Pontevedra
01 de maio 2018

Galicia tivo un notable papel na competición, aínda que os clubs pontevedreses acudiron con menos padeeiros do habitual polos custos do desprazamento ata Palma de Mallorca

Padexeiras da EP Ciudad de Pontevedra no Nacional de Novas Promesas
Padexeiras da EP Ciudad de Pontevedra no Nacional de Novas Promesas

Galicia tivo un notable papel no Campionato Galego de Novas Promesas de Piragüismo celebrado en Palma de Mallorca, onde levou o título por autonomías grazas en parte ao papel dos piragüistas pontevedreses.

Aínda que os clubs da comarca acudiron con menos padexeiros do habitual polo complexo e custoso do desprazamento, a EP Ciudad de Pontevedra coouse no segundo lugar do medalleiro final, sendo sexto na clasificación por equipos con 1.500 puntos, polos 1.928 do campión o Piragüismo Aranjuez.

Polo club pontevedrés subiron ao podio en catro ocasiones, con dous ouros e dúas pratas. Os primeiros postos foron para Antía Otero no C-1 cadete B, con Ángela Jorge en segunda posición, e Alejandra Manso ao facerse co título nacional de kaiak en idade cadete. Ana Costas pola súa banda levou a medalla de prata no kaiak infantil.

En Palma de Mallorca tamén pisaron o caixón de honra Ángel Fuego (Piragüismo Poio) cun bronce no C-1 cadete, do mesmo xeito que Valeria Oliveira (Breogán) na canoa infantil e Carmen Devesa (Breogán) no kaiak tamén infantil.

O Campionato de España de Novas Promesas disputouse no Lago Esperanza de Alcudia coa presenza de máis de 700 deportistas de todo o país.