Indignación é o sentimento estes días na Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra, que tivo que sobrepoñerse a unha dobre acción vandálica.
En concreto, o club pontevedrés denuncia o vandalismo que se cebou coas súas embarcacións de 'Dragon Boat', modalidade de equipo que impulsan desde hai uns anos e cuxos barcos se atopan no pantalán de As Corbaceiras, xunto á nave da EP Ciudad de Pontevedra, ao non contar cun espazo adecuado en terra para poder almacenalo.
"O pasado día de Nadal atopámonos cun dragón dado a volta e case na auga", explica o presidente da entidade deportiva, Óscar Ponte.
"Debeu de ser que foi pouca xente para tentar tiralo e non o conseguiron, pero durante a semana que pasou deberon de estar a recrutar a persoas para conseguir tiralo á auga", asegura tras vivir este domingo 2 de xaneiro un segundo episodio que acabou cun dos botes á deriva no medio do Lérez.
"Menos mal que nos avisaron a tempo para poder ir en procura deste dragón, que se atopaba á deriva", explica Ponte preguntándose "ata onde imos chegar" con estes actos que prexudican a un dos clubs con maior actividade da cidade.