Gran papel o desenvolvido pola Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra na segunda cita da tempada da Liga Nacional de Xóvenes Promesas en Augas Tranquilas celebradas no encoro asturiano de Trasona.
O club pontevedrés encabezou a clasificación xeral por equipos con 482 puntos, superando ao Club Náutico Sevilla (390 puntos) e ao Real Club Náutico Port de Pollença (278 puntos), polo que se sitúa líder provisional da liga con 207 puntos, polos 204 do Náutico de Sevilla e os 200 do Club Náutico Pontecesures.
Os padexeiros do Ciudad lograron ata sete medallas, das cales tres foron de ouro, tres de prata e unha de bronce.
As medallas de ouro foron para María de la Peña en C-1, Alejandra Manso en K-1 B e Ángel Fuego en C-1 B. Ademais Nuria Rodiño e Sara Abilleira foron prata en C-2, Abilleira tamén no C-1 e Fátima Moreira en K-1 B. A medalla de bronce pola súa banda conseguírona María de la Peña e Lucía Pérez no C-2.
Tamén se subiron ao podio nas súas probas Manuel Fontán (O Muíño) cun ouro no C-1 cadete A, Raquel Torres (Verducido) cun bronce no K-1 e a tripulación K-4 do Piragüismo Verducido formada por Joaquín Iglesias, Miguel Paz, Luís Pazos e Gabriel Saavedra, que foron segundos.
A próxima competición da Liga de Xóvenes Promesas celebrarase en Villalcampo (Zamora) o próximo 24 de xuño.