A Sociedad Deportiva Teucro tiña pensado presentar este xoves ao seu segundo reforzo do mercado estival, pero a operación segue sen concretarse.
O club pontevedrés continúa negociando co FC Porto para incorporar ao lateral cubano Yoan Balázquez, que a última tempada militou como cedido no ADA Ismai Maia portugués.
Balázquez tivo unha actuación destacada nun amigable entre Teucro e Ismai celebrado no principio do ano no Municipal, onde anotou 8 goles e deixou unha grata impresión no corpo técnico teucrista.
A pesar de que a operación está próxima a pecharse, o xogador aínda debe superar o pertinente recoñecemento médico antes de asinar polos azuis e poder oficializar así a súa fichaxe.
Yoan Balázquez chegará a Pontevedra despois de dous anos en Portugal para cubrir o oco deixado por García Pichel no lateral esquerdo e aportar opcións no lanzamento exterior, no que será presumiblemente o seu debut na Liga Asobal española.