A fidelidade de Froiz ao ciclismo, premiada na gala da Federación Galega

Pontevedra
30 de xaneiro 2018

O organismo reitor do ciclismo galego entregou os seus premios anuais cunha mención especial ao patrocinio do equipo ciclista, que cumpre 30 anos de vida

Gala do Ciclismo Galego en Lalín
Gala do Ciclismo Galego en Lalín

O Grupo Deportivo Supermercados Froiz cumpre 30 tempadas no pelotón ciclista nacional, e esa fidelidade no patrocinio recibiu o recoñecemento da Federación Galega de Ciclismo.

Lalín foi escenario da gala anual da Federación, onde o director do equipo alimenticio, Evaristo Portela, recolleu o galardón outorgado ao Froiz de mans do presidente do organismo reitor do ciclismo autonómico, Juan Carlos Muñiz.

Na Gala do Ciclismo Galego entregáronse ademais os trofeos aos gañadores dos diferentes campionatos autonómicos e competicións celebradas ao longo do ano.

Así Martín Lestido, corredor do Froiz, recibiu un recoñecemento como vencedor das voltas da Coruña e Galicia, mentres que Miguel Montero foi premiado como un dos mellores ciclistas sub-23 de España e o pontevedrés Guillermo García, un das fichaxes do Froiz para a tempada que está a piques de comezar, subiu ao escenario pola súa participación no Campionato do Mundo da categoría junior.