A Gimnástica reforza o seu equipo feminino con seis novas incorporacións

Pontevedra
27 de decembro 2023

Con seis novas fichaxes para o seu equipo feminino afronta a Sociedad Gimnástica de Pontevedra a tempada deportiva de 2024. O obxectivo destes reforzos é fortalecer o persoal para tratar de ascender á División de Honra de atletismo

A atleta lucense Lucía Sánchez del Valle
A atleta lucense Lucía Sánchez del Valle / Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Con seis novas fichaxes para o seu equipo feminino afronta a Sociedad Gimnástica de Pontevedra a tempada deportiva de 2024. O obxectivo destes reforzos é fortalecer o persoal para tratar de ascender á División de Honra de atletismo.

Unha das grandes apostas será a lucense Lucía Sánchez del Valle, atleta internacional con España en probas combinadas. Leva batendo récords autonómicos desde as categorías de formación e, actualmente, ostenta os records galegos sub18 e sub20 de heptatlón.

Coa súa fichaxe, segundo o club, a Gimnástica gaña "polivalencia e versatilidade", pois esta atleta posúe marcas persoais de nivel para calquera proba das que conforman o elenco das combinadas femininas, polo que "poderemos aliñala segundo as necesidades do equipo".

A ela sumarase Antía Martínez Queimaño, que chega do Ría de Ferrol para reforzar ao equipo nas disciplina de valos, tendo unha mellor marca persoal nos 60 metros de 8.91; ou Ariadna Gil, procedente do Vila de Cangas, cunha marca de 11.92 en triplo salto sub23.

O club pontevedrés tamén fichou a outra sub23, a lanzadora Victoria Eiriz, anteriormente no Celta, que ostenta unha mellor marca persoal en martelo de 46,19 metros.

Sabela Castillo (San Miguel de Marín), unha das grandes promesas do fondo, actualmente sub16, cunha marca 9:44:85 nos 3.000 metros; e a marchadora sub23 Alba Pérez (Negreira), cunha marca persoal de 24:24:89 nos 5.000 metros, completan estes reforzos.