É unha nova máis ou menos esperada, pero conforme se achegaba a cita non quedou outro remedio que asumilo. A San Silvestre de Pontevedra, a máis antiga de cantas se corren en Galicia e tamén unha das máis numerosas, non se celebrará en 2020 debido á situación sanitaria.
"No lo vemos posible", recoñece Charo Castro, presidenta da Sociedad Gimnástica, que pasa por ser a organizadora do evento coa colaboración do Concello de Pontevedra.
Pese ao éxito que supuxo sacar adiante o Medio Maratón, en formato reducido e cun estrito protocolo de seguridade, desde o club vese inviable reproducir este modelo nunha proba de tan alta participación como a San Silvestre, xa que sería acabar co seu espírito.
"Nuestra San Silvestre es una fiesta, es una carrera de diversión, de familia, de amigos, de estar todos juntos... y no tiene nada que ver con una carrera tradicional", explica Castro.
Non hai que esquecer que o pasado ano bateuse o récord de participación con 7.000 dorsais entregados e mesmo máis participantes.
"Este va a ser un año especial y nos vamos a quedar sin un montón de cosas, pero es como tiene que ser. Hay que ser responsables", sinalou respecto diso a presidenta da Gimnástica.
Trátase en todo caso dun simple parón, porque a entidade pontevedresa non renuncia á súa carreira insignia, polo que pon as súas miras no 31 de decembro de 2021, unha data na que esperan se teña superadp a actual crise e póidase volver celebrar o fin de ano da mellor maneira posible, facendo deporte.