A Gladiator Race confirma para 2023 a súa oitava edición en Pontevedra

Pontevedra
01 de decembro 2022

A popular carreira de obstáculos, que en 2022 regresou á cidade tras dous anos de ausencia pola pandemia, celebrarase a súa oitava edición o próximo 3 de xuño 

Gladiator Race 2022 na Illa das Esculturas
Gladiator Race 2022 na Illa das Esculturas / Cristina Sáiz

Volveu en 2022 a Pontevedra tras dous anos de ausencia pola pandemia, e seguirá como unha cita descatada no calendario deportivo municipal en 2023.

A Gladiator Race confirmou a que será a súa oitava edición na cidade.

A popular carreira de obstáculos que se celebra na Illa das Esculturas fixou a súa nova edición para o día 3 de xuño de 2023.

"Toca conquistar novamente A Illa das Esculturas", sinalan a través dos seus perfís oficiais avanzando que nuns días abrirán inscricións.

Na súa última edición na Boa Vila a Gladiator Race reuniu máis de 1.300 deportistas entre as súas diferentes opcións de percorrido, coa súa versión 'Rocket' (6 quilómetros e 31 obstáculos), Warrior (11 quilómetros e 41 obstáculos) e Kids para os menores de idade.