A Gladiator Race convoca un adestramento oficial para o martes 23 de maio

Pontevedra
20 de maio 2017

A Gladiator Race de Pontrevedra quenta motores para a cita do próximo 3 de xuño celebrando un adestramento oficial o vindeiro martes 23 de maio no exterior do Pazo da Cultura

Segunda edición da Gladiator Race en Pontevedra Diego Torrado

A Gladiator Race quenta motores para a que será a súa terceira edición na cidade de Pontevedra, o próximo 3 de xuño.

Antes, para ir entrando en ambiente, a organización da proba convocou un adestramento oficial e gratuíto que se celebrará o martes 23 de maio no exterior do Pazo da Cultura, a partir das 20:00 horas.

Será unha sesión preparatoria dirixida aos participantes da carreira de obstáculos, que estará impartida polo adestrador oficial do evento, André Fit Trainer.

Durante a xornada, avanza a organización, traballarase a forza e a resistencia a través de exercicios funcionais e xogos de cooperación.