A Milla Vila de Sanxenxo concentra a máis de 300 corredores en Silgar

Sanxenxo
27 de agosto 2023

Como cada ano, os fondos recadados coa inscrición entregaranse á Asociación Neen@s de Sanxenxo que presta atención a familias con nenos que teñen necesidades especiais de apoio educativo

XXIII Milla Urbana de Sanxenxo Concello de Sanxenxo

Máis de 300 corredores disputaron este domingo no Paseo de Silgar a 23 edición da Milla Vila de Sanxenxo.

Como cada ano, os fondos recadados coa inscrición entregaranse á Asociación Neen@s de Sanxenxo que presta atención a familias con nenos que teñen necesidades especiais de apoio educativo. Tamén houbo unha veitena de de persoas pertencentes ao Voluntariado do Concello.

A proba se desorrlló a partir das 12:00 horas en función das categorías adaptadas ás idades dos participantes, empezando polos máis pequenos e terminando cos elite. A distancia para percorrer foi desde os 200 metros ata a milla (1.609 metros).

Na categoría Elite Concello de Sanxenxo repartíronse 2.000 euros entre o primeiros cinco clasificados da categoría masculina e feminina, cun primeiro premio dotado con 500 euros, un segundo con 250, o terceiro con 125, o cuarto con 75 euros e o quinto con 50 euros. Ademais, tamén foron distinguidos cunha medalla conmemorativa da proba.

Neste sentido, as tres primeiras clasificadas da elite feminina foron Ester Navarrete, Sabela Castelo e Carolina Santos, mentres que o podio masculino formárono Pablo Bocelo, Paulo Barbosa e Pablo Otero.

Nesta 23 edición, do mesmo xeito que nas anteriores, participaron corredores de distintos puntos de España e mesmo do estranxeiro que se atopan pasando as vacacións, así como familias enteiras nas distintas categorías converténdose nunha xornada de convivencia familiar.

Desde o propio Concello destacan que "a proba é xa un reclamo turístico e está profundamente arraigada no programa de festas tras vinte e dúas edicións".

Consulta todas as clasificacións nesta ligazón