A natación sincronizada invade a piscina de Rías do Sur

Pontevedra
18 de xuño 2023

A piscina olímpica de Ponte Muíños celebrou esta fin de semana a primeira competición de nivel desde a súa reapertura coa celebración do Campionato de Galicia de natación artística  

Campeonato Galego de natación artística

A piscina olímpica de Ponte Muíños celebrou esta fin de semana a primeira competición de nivel desde a súa reapertura coa celebración do Campionato de Galicia de natación artística.

Máis de 120 deportistas citáronse no que é unha das citas máis importantes da tempada e antesala dos campionatos de España de diferentes categorías.

Clubs da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra iniciaron en sesión matinal do sábado, e a porta pechada, a competición de figuras, e en sesión de tarde, a partir das 15:00 horas, as rutinas nas diversas categorías coa asistencia libre de público.

O domingo continuaron as probas tanto de mañá como de tarde, finalizando o campionato coa entrega de medallas.